Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945

Antón Alonso Ríos (Fotografado/a) · Maruxa Boga (Fotografado/a) · Xesus Canabal (Fotografado/a) · Castelao (Fotografado/a) · Manuel Puente González (Fotografado/a) · Alexandre Bóveda (homenaxeado/a)
17/08/1945
Castelao era o símbolo da loita e defensa do galeguismo. Cada un dos seus actos políticos e artísticos eran seguido e apoiado polos galegos residentes alén mar.
En 1945, seguindo unha das súas iniciativas, instáurase a celebración do Día dos Mártires Galegos como unha homenaxe a todos aqueles que foron asasinados e represaliados durante a guerra e a difícil posguerra. E elixe o día 17 de agosto para a súa celebración por ser a data do asasinato do seu amigo e compañeiro na loita galeguista Alexandre Bóveda. O Centro Orensano encárgalle unha obra conmemorativa e realiza unha das súas pinturas máis icónicas, A derradeira leición do mestre, en homenaxe ao seu amigo.
Na fotografía podemos ver a Castelao ante o cadro e un busto a Bóveda, rodeado por Antón Alonso Ríos, Xesús Canabal, Manuel Puente, Fernando Iglesias “Tacholas” ou Maruxa Boga, entre outros.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
17/08/1945
Entidades
ámbito: Centro Ourensán. Bos Aires
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega