A importación de man de obra galega e as súas condicións de vida nas obras da canle de Panamá / Imaxe. Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)

A importación de man de obra galega e as súas condicións de vida nas obras da canle de Panamá

Image 1
Detalle
A oferta realizada pola Comisión da Canle de Panamá era bastante tentadora, pois todo parecía beneficioso para o emigrante.
Lendo estas condicións de contratación e seguindo o cambio monetario de 1907, aquel galego que decidise emigrar a Panamá con toda a pasaxe adiantada pola Comisión precisaría case 11 meses de traballo para pagar o importe completo da viaxe. Mensualmente descontábanselle 24 pesetas do seu soldo para pagar o traslado de España ata Colón. En canto a débeda fose saldada coa ICC, se facía horas extra diariamente, cos domingos incluídos, a súa capacidade de aforro veríase incrementada e podería abandonar o proxecto cando lle interesase. Esta última idea, a de non estar obrigados a permanecer nas obras, levou consigo unha serie de malentendidos e desavinzas coa Comisión da Canle, pois moitos traballadores desexaban renunciar ao traballo para retornar a España, volver emigrar a outros países de América ou quedar nas cidades terminais de Colón ou Panamá probando sorte con algún negocio. De todos os xeitos, os emigrantes contratados tiñan primeiro que liquidar a viaxe, previamente facilitada pola ICC.

Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Documento
  • Notas:
    Fondo: Arquivo da Emigración Galega, Consello da Cultura Galega