A reagrupación familiar como unha das causas da emigración feminina / Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta: A pegada indiana na Mariña lucense:

A reagrupación familiar como unha das causas da emigración feminina

Antonia, como tantas mulleres mariñás, emigra á illa de Cuba en 1937 acompañada da súa nai Eusebia. Por fin ían reunirse co pai, que marchara para A Habana nos anos 20 e traballaba como mariñeiro nos barcos que facían a ruta A Habana-Florida. Tras uns anos de duro traballo, Antonio consegue ter unha certa posición económica e manda ir á súa familia. O ano en que Antonia e Eusebia inician o proceso migratorio é tamén sintomático, a Guerra Civil e a situación económica e social da Galicia deses anos levan a moitos galegos e galegas a fuxir ou cando menos a buscar mellores perspectivas de futuro alén mar. Ao chegar á illa, debían inscribirse no Consulado de España na República de Cuba para poder manter a nacionalidade española. En 1948, por problemas de saúde, nai e filla regresan a Rinlo, a parroquia de Ribadeo de onde partiran había 11 anos. O pai continúa en Cuba ata 1965. Cun pé en ambos os dous mundos, o choque cultural e social debeu ser importante para elas, pero a adaptación no país caribeño foi máis sinxela grazas á presenza de numerosos familiares e veciños que residían alí.

  • Data: 29 / 3 / 1946
  • Tipo de material: Documento
  • Etiquetas:
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Dolores Alonso Castro
  • Localizacións:
    orixe: A Habana, Cuba;
  • Nota legal:

    Agás indicación expresa, o CCG carece dos permisos para ceder os materiais publicadas nos fondos documentais

Compartir:
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.