Permiso de entrada nos Estados Unidos, 1933 | Imaxe. Documento | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Documento

Permiso de entrada nos Estados Unidos, 1933

00/00/1933
O mariñeiro galego José P., casado e natural de Cambre, realizou un reingreso nos Estados Unidos no ano 1933, de conformidade coas disposicións da Lei de inmigración de 1924. Estivo residindo en Nova York durante 12 anos pero cunha interrupción temporal. Este documento —expedido polo Departamento de Traballo, Inmigración e Naturalización do Goberno dos Estados Unidos— tiña unha vixencia dun ano. Nel recollíanse as principais características físicas do inmigrante: a súa idade, estatura, cor de pel, peso, complexión, cor de ollos e de pelo e a existencia de cicatrices e outras lesións significativas na cara e no corpo.
Tipo de material
Imaxe. Documento
Data
00/00/1933
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Carlos de Francisco