Caligrafías musicais

Caligrafías musicais

José López Calo e o coralismo galego

Caligrafías musicais

O gran musicólogo secuencia as orixes do coralismo galego e reivindica a súa xenuidade.


A erudición e a rigorosidade investigadora do Padre Calo (1922-2020) maniféstanse nesta conferencia pronunciada na Aula de Cultura de Caixa Galicia en Ferrol o 18 de abril de 1986. A súa intervención secuencia as orixes do coralismo en Galicia, resalta a súa independencia do movemento coralista catalán, liderado por Anselm Clavé, e destaca as características propias. O musicólogo xesuíta define que é un coro e explica os seus catro grandes trazos: a) os seus membros non son profesionais; b) posúe intención cultural e social comúns; c) é consecuencia do nacionalismo e do Romanticismo do século XIX; d) é o resultado do movemento cultural da Ilustración. A data que fixa como inicio son os Xogos Frorais do 2 de xullo de 1861, nos que se interpreta música galega (Courtier, Canuto Berea…). Os compositores Marcial del Adalid, en primeiro lugar, e Juan Montes, despois, son os músicos que descatan no movemento coralista galego. O Padre Calo apóiase reiteradamente en citas bibliográficas e insiste na necesidade de seguir investigando sobre o coralismo galego.

Colección Caixa Galicia-Ferrol. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega

Escoita a conferencia:

Datos do fondo:
Sinaturas: NCFE_0566
Duración: 50:59
Colección Caixa Galicia-Ferrol. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega

LIGAZÓNS ADICIONAIS
José López Calo no Álbum de Galicia
Conferencia de José López Calo sobre Bal y Gay en Caligrafías musicais
O Orfeón El Eco e a Alborada gallega
Catálogo da exposición Son de Galicia. Os coros galegos

Colección de Lousas
Na Colección de Lousas do Arquivo Sonoro de Galicia pódense atopar gravacións dos coros históricos de Galicia aos que fai referencia José López-Calo (Cantigas e Agarimos, Rauda de Ourense…)



Coro de cámara "Ars Musicae" de Pontevedra : X aniversario, 1977-1987