Especial

A Lindona de Galicia

La Lindona de Galicia é unha peza teatral moi poucou coñecida, ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia. Nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia. Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, recuperamos un texto excepcional. O dramaturgo Andrés de Claramonte escribiu a principios do século XVII a obra.

Neste especial poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán neste web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega entre o venres 25 de marzo e o martes 2 de abril de 2021, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da época ou a relación entre a ficción e os feitos nos que está inspirada.

Ilustración: Laura Romero.

La Lindona de Galicia: unha traxectoria dramática entre a paixón amorosa e a tiranía

A investigadora Delphine Sangu analiza a singular personaxe da Lindona e o seu perfil transgresor

La Lindona de Galicia, comedia de protagonista galega

O profesor Santiago Fernández Mosquera, director do grupo de investigación Calderón da Universidade de Santiago de Compostela, explica a obra de teatro La Lindona de Galicia

A escena! Galicia, os galegos e a lingua galega

A presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez explica a presenza da lingua galega nos textos teatrais españois e portugueses dos séculos XVI e XVII e, en especial, na obra La Lindona de Galicia

Galicia nos comezos do século XVII

Isidro Dubert, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, explica a situación do país a inicios do século XVII e a súa relación coa Coroa.

García II de Galicia. Da lenda á historia

O historiador Anselmo López Carreira explora as fronteiras entre os feitos históricos e a ficción imaxinada para a obra de teatro.
Unha ficción sonora baseada na Lindona de Galicia
Ofrecemos unha escolma da obra dramática inspirada nas radionovelas clásicas e nas dramatizacións sonoras do teatro. Desde o venres 26 ata o martes 30 de marzo podes seguir, en formato podcast, as pasaxes máis destacadas desta obra ambientada nun dos periodos máis turbulentos da historia galega. Podes escoitar cada novo episodio a partir das dez da mañá neste sitio web ou nos teus repositorios podcast de referencia.

A dramaturxia e dirección corresponde a Tito Asorey. A obra está interpretada por Melania Cruz, Sergio Zearreta, Josito Porto e Tito Asorey. A sonorización é de Chus Silva.

Dous irmáns enfróntanse polas coroa de Galicia á morte do rei Fernando. Sancho é o rei de Castela, e pretende que García, que acaba de conquistar Galicia, sexa o seu vasalo. Pero García reivindica o trono para de Galicia para el.
0:00 / 0:00
Para acadar o trono de Galicia, García precisa o apoio da nobreza galega. Os aristócratas pídenlle que renuncie á súa amante Lindona, para casar coa infanta de Portugal, Leonor.
0:00 / 0:00
Pasaron os anos e a historia lévanos ao fondo das fragas galegas, onde o príncipe don Ramiro e o seu criado practican a caza. Pero o que non agardan é a aparición dun fermoso ser...
0:00 / 0:00
Ramiro e Mormojón atopan no medio dos montes un castelo ruinoso no que está encadeado un misterioso prisioneiro... Mormojón descubre que o castelo pertence á Lindona, desde o que domina o val de Ribadulla e boa parte de Galicia.
0:00 / 0:00
O rei Fernando pon asedio ao castelo da Lindona para ceibar ao seu irmán García. Os feitos vanse desencadear coa revelación de grandes segredos.
0:00 / 0:00
Consulta a obra
Consérvanse varias edición de La lindona de Galicia e mesmo versións manuscritas que inclúen a música da obra. De seguido podes descargar a edición considerada a máis antiga, e dixitalizada pola Biblioteca Estatal de Baviera.

La Lindona de Galicia. Comedia famosa

Edición de 1760 de La Lindona de Galicia conservada na Biblioteca Estatal de Baviera (Múnic, Alemaña).
Descargar