Vídeos
A auga de San Xoán
A noite do 23 ao 24 de xuño celébrase en Galicia unha festividade de orixe pagana onde a auga e o lume protagonizan os rituais. O grupo de Antropoloxía de 1º de bacharelato do IES A Basella, de Vilanova de Arousa, fálanos neste vídeo (4´ 09´´) da tradición da auga de San Xoán e da súa posible interpretación antropolóxica.
A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional. Parte 1
Vídeo didáctico (12´ 28´´) no que Geno Rodríguez, profesor da Área de Didáctica da Expresión Corporal da USC, nos presenta un proxecto didáctico que ten como obxectivo poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil recursos sobre o patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional. A seguir, Paco Veiga, mestre de Educación Primaria e membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, explícanos que se entende por "xogos populares e tradicionais" e cales son os aspectos culturais vinculados a este tipo de manifestacións lúdicas.
Esta serie pertence á colección didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela. Outros vídeos da serie.
Esta serie pertence á colección didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela. Outros vídeos da serie.
A difusión da figura mitolóxica do Apalpador
Entre os ritos, crenzas e tradicións culturais do Nadal galego atópase o Apalpador. O antropólogo Rafael Quintía reflexiona neste vídeo divulgativo (3´ 56´´) sobre se é lícito recuperar esta figura mitolóxica, propia do Courel, e estendela por todo o territorio galego.
A peza foi elaborada pola iniciativa Orgullo Galego e está extractada da conversa “Ritos, crenzas e tradicións do Nadal galego”.
A peza foi elaborada pola iniciativa Orgullo Galego e está extractada da conversa “Ritos, crenzas e tradicións do Nadal galego”.
A foliada como Ben de Interese Cultural
A foliada é unha manifestación musical, festiva e popular específica de Galicia na que se producen simultaneamente o canto, o baile e a práctica instrumental da música tradicional galega. O antropólogo Rafael Quintía expón nesta charla divulgativa (50´ 11´´) en que consistiu o traballo de elaboración do informe para o recoñecemento desta manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial como Ben de Interese Cultural (BIC).
A charla tivo lugar en outubro de 2023, no marco das Xornadas do baile comunal, O serán desta aldea... Aboal, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
A charla tivo lugar en outubro de 2023, no marco das Xornadas do baile comunal, O serán desta aldea... Aboal, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
As máscaras do Entroido
En xaneiro de 2024 a Xunta de Galicia iniciou o procedemento para declarar o Entroido Ben de Interese Cultural (BIC) na modalidade de patrimonio inmaterial, quedando deste xeito protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial. Neste vídeo divulgativo (6´ 35´´) descubrirás as características e as singularidades das principais máscaras do Entroido tradicional galego.
Esta peza foi elaborada polo IES Daviña Rei (Monforte de Lemos) como recurso didáctico, a partir de fragmentos dun programa de Alalá sobre o Entroido en Galicia emitido na TVG en 2015.
Esta peza foi elaborada polo IES Daviña Rei (Monforte de Lemos) como recurso didáctico, a partir de fragmentos dun programa de Alalá sobre o Entroido en Galicia emitido na TVG en 2015.
Cantos e cantares
Unha das manifestacións lúdicas do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués son os cantos. Neste vídeo divulgativo (2´ 51´´) fálannos das cantigas de transmisión oral, centrándose de xeito especial no "alalá", un canto popular galego lento, interpretado sen acompañamento instrumental, considerado por moitos expertos como a forma máis antiga de música tradicional galega.
A peza foi elaborada por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO.
A peza foi elaborada por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO.
Coñece a orixe e as lendas do Samaín
Samhain era o nome que se lle daba na cultura celta á festa de Defuntos, coa que se festexaba o paso da vida á morte e se anunciaba o remate do verán e do período de recolección. Esta festa tradicional, celebraba desde tempos inmemoriais en Galicia o 31 de outubro para honrar os nosos mortos, revitalizouse nas últimas tres décadas grazas á iniciativa dun colectivo de cidadáns e mestres de Cedeira, que a nomearon co termo de orixe gaélica “Samaín”. Sabías que esta celebración está tamén directamente relacionada co magosto? Descubriralo neste breve vídeo divulgativo (1´ 42´´) elaborado pola Televisión de Galicia.
Entroido ou antroido?
Vídeo didáctico (2´ 49´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que o académico Antón Santamarina nos explica cales son as cinco formas que ten o idioma galego para se referir ao concepto "entroido" (entroido, antroido, entroiro, entruido, entrudio), e por que é a forma entroido a que se recomenda desde o punto de vista normativo.
O patrimonio cultural inmaterial
Vídeo divulgativo (1´ 43´´) elaborado por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO, no que nos explican que é o patrimonio cultural inmaterial.
A peza forma parte da serie “25 Pontes”, onde atoparás pílulas audiovisuais relacionadas cos diferentes elementos do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués (Entroido, lendas, refráns, contos, recitados, magosto, regueifas, xogos tradicionais, danza, vendima, fiadeiros, oficios tradicionais…).

Os maios
Os maios é unha festa tradicional galega, de orixe ancestral, coa que se lle dá a benvida á primavera, co ánimo de propiciar a obtención de boas colleitas. Claudia Fernández Losada e Eira Losada Fernández cóntannos neste vídeo (4´ 31´´) como se celebra a festa dos maios en Ourense e mais en Noia. No caso de Noia, trasládannos as vivencias de persoas maiores que festexaron os maios cando eran nenas/os, pois na actualidade esta tradición non conta co mesmo arraigo social que segue a ter en Ourense.
Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Divulgación do coñecemento”.
Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Divulgación do coñecemento”.
Que son os tesouros humanos vivos?
O “tesouro humano vivo” é unha categoría vinculada ao patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Neste breve vídeo didáctico (19´´) a Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) ofrécenos a denominación de “tesouros humanos vivos” presentada pola Unesco na Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural e Inmanterial que se celebrou en 2003 en París.