Luísa Villalta: Letras Galegas 2024

Día das Letras Galegas 2024

Luísa Villalta: Letras Galegas 2024

Martes, 15 de maio de 2024
consellodacultura.gal
Especial
Día das Letras Galegas 2024

Luísa Villalta: Letras Galegas 2024

consellodacultura.gal

Luísa Villalta

Día das Letras Galegas 2024
"Luísa Villalta é unha intelectual. A lóxica, a razón, o pensamento configuran o humus no que enraíza un dos trazos máis significativos da súa voz. Unha poeta do pensamento, en palabras de Pilar Pallarés, que empregaba a poesía para pensar o mundo contemporáneo, como ten subliñado Arturo Casas", expón o texto da proposta que votou a RAG. "Os acentos da súa voz, os focos da súa obra, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na singularidade e pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas", sinala.

Precisamente en 2024 fanse vinte anos do falecemento da autora, que ao longo da súa vida publicou nove títulos de poesía, catro de narrativa, cinco obras de teatro e diferentes traballos de ensaio ademais de títulos como tradutora e múltiples artigos e colaboracións en diferentes medios. Nada en 1957, en 2003 obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía, e a súa figura deulle nome ao premio de normalización da Universidade da Coruña e mais ao premio de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.

Na súa produción poética atópanse tíulos como Sete haikús (1985), Música reservada (1991) e Ruído (1995). No teatro publicou o monólogo Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia, así como o ensaio O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral. En narrativa publicou Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e, no 2001, As chaves do tempo.

A homenaxeada caracterizouse por un perfil multidisciplinar, xa que sumou á actividade literaria a de intérprete de violín e desenvolveu un importante activismo social en causas como o feminismo. Segundo destacou a académica Margarita Ledo, unha das promotoras da candidatura de Villalta, a autora pode ter un importante atractivo para as xeracións máis novas pero tamén chegará a un abano moi amplo de público. Segundo ela, Villalta "adiántase a moitos temas que estamos a tratar hoxe, aborda as urxencias do presente e atende a cuestións como os dereitos das mulleres.
 
Especial.
Día das Letras Galegas 2024
Luísa Villalta: Letras Galegas 2024
Data de publicación
Martes, 15 de maio de 2024
Onde
consellodacultura.gal