Difusión - Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos. Xoves, 27 de febreiro de 2025

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Memoria documental das sociedades da emigración galega

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

A Habana, 6 de novembro de 1920 ata a actualidade

Xoves, 27 de febreiro de 2025
consellodacultura.gal
Difusión
Memoria documental das sociedades da emigración galega

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

A Habana, 6 de novembro de 1920 ata a actualidade

consellodacultura.gal

En agosto de 1920 un grupo de emigrantes en Cuba procedentes das parroquias veciñas de San Xoán de Calo (Teo) e de Santa María de Biduído (Ames), deciden crear unha sociedade para, entre outros fins sociais, financiar a construción de escolas na súa terra natal. Documentación desta sociedade chamada "Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos" forma parte da nova entrega do proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega, co que o Arquivo da Emigración Galega, servizo do Consello da Cultura Galega (CCG), visibiliza fondos documentais das entidades microterritoriais creadas na diáspora galega
A documentación que o Arquivo da Emigración Galega (AEG) vén de facer pública reflicte a historia dunha colectividade da emigración galega en Cuba. Entre a documentación que se sube a rede, destaca a acta da constitución da sociedade, varios libros de actas das reunións das diversas Comisións Directivas, libros de rexistros de socios e outros documentos diarios do pago de alugueiro da secretaría da sociedade.

A sociedade foi creada para “estrechar los lazos de amistad entre los hijos de San Juan de Calo y Santa María de Viduido, socorrerles en sus necesidades cuando por enfermedad u otros motivos análogos, soliciten un auxilio”, tal e como figura no regulamento social que crearon en 1926. Ademais, como moitas outras sociedades de emigrantes, pretendía favorecer a educación tanto de nenos como adultos “de ambos sexos” nas súas parroquias natais coa construción de “una o más escuelas en la parroquia de San Juan de Calo y lo mismo en la de Sta. María de Viduido, proporcionalmente según el número de la población infantil”. Propósito que conseguiron unha década máis tarde, xa que en 1932 se inaugurou a casa-escola no lugar de Biduído de Abaixo, e en 1933 a do edificio escolar no lugar de Ameneiro (Calo). A baixada de socios, a avanzada idade dos que quedaron, a situación económica da illa de Cuba fixo que en 1985 aprobasen a súa fusión coa sociedade "Unión Orensana” pasando a denominarse "Unión Orensana, Calo y Viduido".

O proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega
O AEG puxo en marcha en 2024 o proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega. A iniciativa promove a divulgación dos fondos documentais que se custodian neste Arquivo do CCG sobre as diferentes asociacións microterritoriais creadas na diáspora galega. A divulgación desta selección dos fondos é de periodicidade mensual, en cada entrega cólganse na Rede os documentos xerados por estas institucións, nos cales constan libros de actas, regulamentos, correspondencia, memorias sociais, libros de contabilidade ou imaxes. A meta desta iniciativa é a de contribuír á súa preservación e facilitar a súa consulta.
Entre os últimos número subíuse documentación da sociedade “Hijos del Ayuntamiento de Boiro”, “Casa de Galicia” e a “Hermandad gallega de Venezuela”.
 
Difusión
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos
A Habana, 6 de novembro de 1920 ata a actualidade
Data de publicación
Xoves, 27 de febreiro de 2025
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)