Mesa redonda - Debates sobre o patrimonio cultural galego. 11 e 15 de Maio de 2012

Debates sobre o patrimonio cultural galego

Mesa redonda

Debates sobre o patrimonio cultural galego

11 e 15 de Maio de 2012
Santiago de Compostela
Mesa redonda

Debates sobre o patrimonio cultural galego

11 e 15 de Maio de 2012 Santiago de Compostela

O obxectivo destes debates é desenvolver un proxecto reflexivo sobre o valor crítico dos Bens Culturais, a súa formulación, conservación e a súa protección. Por tal motivo se realizaron os encontros O valor crítico dos Bens Culturais (2008) e A situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia, material para un debate (2011), e agora o proceso retómase coa celebración de debates monográficos sobre o Patrimonio Cultural Galego, nos que se afondará no Patrimonio Espiritual como posición entre o Patrimonio Inmaterial e o Patrimonio Material, e outro sobre a autenticidade e as boas prácticas na conservación do patrimonio cultural, os inventarios e os catálogos, entendidos estes como ferramentas para a conservación e a protección do patrimonio.


Ambas xornadas pretenden dar canle á demanda crecente que se está dando na Galicia actual sobre un debate público respecto ao patrimonio cultural e a súa conservación e que vén orixinada nuns casos pola situación na que se atopan as ferramentas de salvagarda do patrimonio moble e inmoble (inventarios e catálogos), e noutros casos polo acicate positivo que supuxeron dous acontecementos político-administrativos: a declaración do primeiro Ben de Interese Cultural Inmaterial para a figura do artista, escritor e político D. Daniel Rodríguez Castelao, e a elaboración do borrador de proposta do Panteón de Galicia, que abre e/ou continúa a idea do Panteón de Galegos Ilustres ou, o que é máis singular, lle da corpo á idea da figura do Galego Sobranceiro –de interese para Galicia-, que é, ou pode ser, percibido, recoñecido, acollido e evocado polo imaxinario colectivo como símbolo da identidade galega por medio da súa presenza nese Panteón. Ámbalas dúas situacións son as que dan inicio á presente rolda de debates, e serán as que dinamizarán e darán un fío de continuidade para estes e para debates posteriores.



Ficha técnica 
Mesa redonda
Debates sobre o patrimonio cultural galego
Cando
11 e 15 de Maio de 2012
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Modera
Alfredo Vigo
Manuel Vilar
Participante
Gonzalo Borrás
Gema Carrera
Ignacio Cerrada
María Diz Rodríguez
Silvia Fernández Cacho
Román Fernández-Baca
Marcial Gondar Portasany
Pablo Martínez Luis
Tomás Rodríguez Fernández
María Pía Timón
Presenta
María García-Alén García
Iago Seara Morales
Organiza
Consello da Cultura Galega