Décima liberal da columna de granadeiros provinciais de Galicia

Contexto

Restaurada a constitución liberal en 1820, as compañías de granadeiros de Galicia que gornecían Santiago de Compostela celebraron o acontecemento cunha función relixiosa, un desfile e un xantar no patio de San Clemente en que comeron xuntos soldados e oficiais, sen separacións nin outro tipo de distincións. Na sobremesa léronse varias composicións poéticas, entre as que estivo esta décima.

Texto

Décima liberal da columna de granadeiros provinciais de Galicia

“Las clases de soldados, cabos y sargentos”

(DECIMA)

Xa os nosos Oficiás

non vos teñen a baixesa

de comer con nós a mesa,

porque somos liberás:

non fan así os larpás

dos Canónegos, ¡má tos!,

que cando nos ven a nós

poñen unha carantoña

que ben demostra a pezoña

que teñen dentro dos fós.

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [18059]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto