Sonetos con estrambote

Antonio Arias Teixeiro | 1805
Biografía

Contexto

Estes dous sonetos con estrambote do absolutista Antonio Arias Teixeiro conteñen unha burla de dous mozos que criticaran os seus versos e aparentemente non teñen intencionalidade política, a non ser que eses dous mozos dos que Arias se burlou fosen persoas coñecidas na Pontevedra daquel tempo polas súas posicións liberais.

Texto

Sonetos con estrambote

<1> Desaogo del Duende contra dos ignorantes, q[u]e han querido criticar sus versos publicam[en]te.

 

<1a> Soneto 1º

estando Apolo un dia no Parnaso

coas nove compañeiras en porfia

pegalle á Ventoleira é á mania

de botar á fuxir ó gran Pegaso.

Pasa polo Helicon con veloz paso

é chegando ó Hipocrene vin q[ue] bebia

mais distraida á miña fantasia

miro ó sitio é non esta gracioso caso.

presentase ná Vila este Cavalo

vírono dous Rapaces meus Veciños

quixeron polo Rabo aseguralo

é soltoulle dous peidos nos fociños

cada un ó seu consiguiu tragalo

e desde entonces estes dous Mociños

compoñen algun verso mais q[u]e malo

 

 

 

2º

Son dous Mozos solteiros polas trazas,

son dous Asnos q[u]e andan sempre juntos,

<1b> foron á Santiago á buscar puntos

é viñeron cargados de cabazas

á un chamanlle ó Vizconde equí ás Rapazas,

non direi p[o]r q[u]e causa, ou p[o]r q[u]e asumpto;

mais do outro sei decir q[u]e ó Pai difunto;

vendeu moitas letriñas é letrazas.

A estes Facos pegoulles á mania

de morder os meus versos critiqueiros

dispreciabanos muito ó outro dia

diante de tres ou catro compañeiros;

é p[o]r tanto con toda cortesia

dou gracias á dous Facos Burrufeiros

dicindolles q[u]e ó Trasgo os desafia.

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Fundación Penzol

n: [CA-0205/039]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto