A Xunta de Galicia presentou o equipo de expertos que dirixirán as diferentes comisións encargadas de actualizar o
Plan xeral de normalización da lingua galega (documento aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004), co obxectivo de adaptalo á realidade social, demográfica e lingüística actual. As persoas responsables das diferentes comisións de traballo son
Diana Santiago, doutora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela;
Edita de Lorenzo, profesora do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo;
Manuel Núñez Singala, director do SNL da USC e experto en formación de adultos;
Xoaquín Monteagudo, avogado e presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística;
Armando Requeixo, catedrático de Lingua e Literatura Galega e profesor da USC;
Concha Losada, profesora da Facultade de Medicina da USC e presidenta do Museo do Pobo Galego;
Patricia Hermida, produtora musical e avogada experta en dereitos de autor;
Xosé González, dinamizador lingüístico e presidente do Foro Enrique Peinador;
Rosalía Morlán, escritora e enfermeira;
Celia Pereira, avogada e presidenta da Fundación Vicente Risco; e
Xosé Lago, subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Todas as comisións traballarán baixo a coordinación do membro da RAG e catedrático de Filoloxía Románica
Manuel González Gonzaléz.
A renovación do PXNLG é unha das medidas recollidas no documento
Pacto pola lingua, presentado polo goberno autonómico galego ás forzas políticas con representación parlamentaria e mais ás principais institucións galegas a finais do 2024.
Na
páxina web da Xunta de Galicia podes obter máis información sobre o proxecto de actualización do PXNLG.
O documento
Pacto pola lingua podes consultalo no xornal
Praza Pública.
Lectura completa