Este informe presenta, a través de dous eixos estruturais de contido, datos sobre as competencias lingüísticas das persoas que residen en España, en comunidades autónomas con lingua propia, así como a frecuencia de uso desa lingua por parte dos seus habitantes. O estudo pon o foco na realidade lingüística do idioma galego e desenvólvese en clave comparativa coas outras cinco comunidades autónomas con lingua cooficial, nomeadamente, Cataluña, Comunidade Foral de Navarra, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e País Vasco.
[Data da nota de prensa: xaneiro 2025]
| Título | Competencias e usos das linguas cooficiais en España. O galego en perspectiva comparada |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2025 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 106 p.: gráf. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel. |
| DOI | 10.17075/culcegpc.2025 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Comeza o “Foro participativo: un país coa súa lingua” [Data da nota: 15/1/2025].












