É arquitecto urbanista pola Escola Técnica Superior de Barcelona e cursou estudos de Socioloxía. En 1972 funda en Compostela, con outros profesionais, o equipo Oikos de arquitectura e urbanismo.
Foi alcalde de Santiago de Compostela en catro lexislaturas sucesivas, durante as que aplica a súa formación a promover a conservación e transformación da cidade a través do planeamento, a arquitectura e a cultura.