Pura Lorenzana
Vilasante, 5/ 2/1907 - Santiago de Compostela, 1997Autoría: Alfonso Mato
Inspectora e profesora de Historia de ensino medio e universitario. Historiadora
María Pura Lorenzana pertenceu a ese escaso dez por cento de mulleres galegas que no primeiro terzo do século XX cursou estudos universitarios. Logo de facer por libre o bacharelato no Instituto de Lugo, comezou no curso 1924-5 as carreiras de Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Rematou a primeira en 1928, cun expediente de sobresaínte e premio extraordinario, e posteriormente doutorouse na Universidade de Madrid, onde tamén continuou os estudos de Dereito. As noticias que temos sobre Pura Lorenzana nos seus anos de estudante e apenas licenciada sitúana no círculo de alumnos universitarios de Filosofía e Letras e Dereito, brillantes, máis ou menos galeguistas e con inquedanzas literarias, artísticas e de estudo e investigación tanto nas aulas como fóra delas, o círculo que se movía arredor do Seminario de Estudos Galegos (SEG), fundado só uns anos antes, ou de profesores novos, como Ciriaco Pérez Bustamante, catedrático de Historia de España, decano da Facultade de Filosofía e Letras e impulsor de investigacións en Arqueoloxía Prehistórica e Historia de América. De feito, en 1927 aparece entre o grupo de estudantes de Historia, case todos membros do SEG -Carmen Rey Domínguez, Celsa Ferrín Moreiras, Xosé María Castroviejo, Antón Fraguas, Sebastián González García-Paz, Vidal Fraga e Villares Méndez-, que custea a edición do primeiro fascículo da Facultade de Filosofía e Letras, Hispanoamérica e Iberoamérica, do americanista mexicano Carlos Pereyra. En 1928 publica, co seu compañeiro Sebastián González e con Ciriaco Pérez Bustamante, o traballo "La población de Nueva España en el siglo XVI" (Boletín de la Biblioteca Menéndez y Pelayo), que anuncian como o primeiro dunha serie que publicará o Instituto Americanista da Universidade de Santiago, que dirixía Pérez Bustamante e do que tamén debían formar parte os compañeiros que custearan o folleto de Carlos Pereyra. Neste mesmo ano aparece nas actas do Seminario de Estudos Galegos como asistente, xunto con Carmen Rey, en dúas sesións da institución, da que formou parte como socia activa, e lerá o seu traballo de ingreso o 3 de maio de 1930, "Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá", que realizara con Florentino López Cuevillas e Antón Fraguas por conta da Comisión de Estudos en Galicia, en agosto de 1929, e que aparecerá publicado no vol. V dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (1930). Na primavera de 1929 dita unha conferencia sobre o nacionalismo galego na asociación Xuventude Católica Femenina de Santiago, no marco da Casa Social Católica Femenina de Compostela, que será publicada en 1931 por Ánxel Casal en dous suplementos da revista Nós. Con anterioridade á proclamación da Segunda República, formou parte, segundo Xusto G. Beramnendi, da Asociación Nazonalista de Santiago, formación política que se encadraba na dereita do galeguismo.
Logo de exercer durante o curso 1930-1 como axudante de clases prácticas na Facultade de Filosofía e Letras, comeza os cursos de doutoramento na Universidade de Madrid, ao tempo que traballa como profesora de Lingua e Literatura Española no Instituto Calderón de la Barca da capital madrileña (1931-6), na que tamén dirixe o colexio relixioso Nuestra Señora de Loreto. Debeu de ser por estes anos cando pertenceu á Sociedad Anónima de Enseñanza Libre (SADEL) (1934), institución creada pola Confederación Católica de Padres de Familia para dar cobertura legal ao ensino das Ordes Relixiosas, que o tiñan prohibido, e que agrupaba aos colexios relixiosos con profesorado segrar.
Tras a sublevación contra a República, Pura Lorenzana pasa a exercer como profesora de Lingua e Literatura Española no Instituto de Tui durante o curso 1936-7. Os dous cursos seguintes, ocupando a praza de Ramón Otero Pedrayo expedientado no 37, será profesora de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense, cidade onde tamén exercerá diversos cargos políticos para o Goberno de Burgos: Depuradora das Bibliotecas Públicas, Delegada Provincial de Frontes e Hospitais e Organizadora dos servizos culturais do Fogar e do Ferido. En 1940 o Ministerio de Guerra do Goberno de Franco concédelle a Medalla de Campaña de Retaguardia por méritos e servizos.
No curso 1939-40 imparte clases de Xeografía e Historia no Instituto Rosalía de Castro de Santiago e de Historia de España contemporánea na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá. O curso seguinte é trasladada a un instituto madrileño, para volver no 1941-2 a Santiago como catedrática de Xeografía e Historia, primeiro no Instituto Xelmírez e a partir de 1942-3 no Instituto feminino Rosalía de Castro, do que será fundadora e primeira directora, cargo que desempeñará ata 1955. Durante os seus anos de estancia como profesora de ensino medio na Compostela da posguerra, exercerá tamén como docente universitaria na Facultade de Filosofía e Letras, nas materias de Historia Universal Moderna e Contemporánea (1942-1956) e Historia da Cultura Moderna e Contemporánea (1943-1952), e participará no curso de verán de 1950 da Universidade compostelá, ditando, xunto co profesor Ángel Rodríguez González, dez leccións de Historia de España. Segundo consta no seu expediente académico de profesora, Pura Lorenzana desenvolveu nos anos 40 e 50 unha intensa actividade no campo da reforma do ensino medio e do bacharelato feminino na España da época, asistindo como relatora a reunións e congresos nos que se debatía sobre estes temas. Foi membro do Primeiro Consello Nacional do Servizo Especial do Profesorado de Ensino Medio da Delegación Nacional de Educación e estivo cunha bolsa do Ministerio de Educación estudando en París o réxime de Centros Docentes Femininos de Ensino Medio. En canto ao seu labor como historiadora, consta no seu expediente que participou en escavacións prehistóricas galegas e na recollida de folclore, sen especificar nin data nin lugar, que presentou a súa tese doutoral, El viaje de Sebastián Vizcaíno a las costas de California, cualificada con sobresaínte, en Madrid, en 1949, e que pertenceu ao Instituto González Fernández de Oviedo, do CSIC. Tamén foi membro da Primeira Xunta de Goberno do Padroado Rosalía de Castro, fundado no Hotel Compostela de Santiago en novembro de 1947. Contra 1956 obtivo praza de inspectora de ensino medio e trasladouse a Madrid, onde exerceu como inspectora xeral de Distrito ata a súa xubilación. En 1963 concedéuselle a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio. Faleceu en Santiago en 1997.
AGRADECEMENTOS
instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
El Correo Gallego.
OBRA DE PURA LORENZANA
LORENZANA PRADA, Mª P.; El viaje de Sebastián Vizcaíno a las costas de California, Madrid, Universidad, [tese de doutoramento inédita]. 1949
LORENZANA PRADA, Mª P.; Conferencia pronunciada en Santiago pol-a Señorita María Pura Lorenzana,Nós. Boletín mensual da cultura galega, A Coruña, suplemento, n. 30 e 31, (maio, xuño). 1931.
LORENZANA PRADA, Mª P.; “La población de Nueva España en el siglo XVI”, Boletín de la Biblioteca Menéndez y Pelayo), Santander, n.º 1 (xaneiro-marzo), p. 58-73. En col. con Sebastián González García-Paz e Ciriaco Pérez Bustamante. 1928.
LORENZANA PRADA, Mª P.; “Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá”, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, V, p. 63-91. En col. con Florentino López Cuevillas e Antón Fraguas. 1930.
Como citar: Mato, Alfonso : Pura Lorenzana. Publicado o 1/1/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2299. Recuperado o 31/03/2023

DOCUMENTACIÓN DE
LORENZANA PRADA, Mª P.; Conferencia pronunciada en Santiago pol-a Señorita María Pura Lorenzana.,
Fonte: Nós. Boletín mensual da cultura galega, A Coruña, supl. 30 e 31, (maio, xuño). 1931. [Exemplar da Biblioteca do CCG]
“Mamoas do Saviñao. A anta de abuime e a necrópole do Monte da Morá”.
Traballo no que Pura Lorenzana participou como investigadora. Fonte: Arquivos do seminario de estudos galegos, Vol V, p. 62-91. Biblioteca do CCG. 1930
Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
Mulleres no Seminario de Estudios Galegos, especial realizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Fonte: CDIF http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Pura Lorenzana en "Arqueólogas" no web do Castro San Lourenzo
Referencias bibliográficas
- BERAMENDI, J., De provincia a nación: historia do galeguismo político, Vigo, Edicións Xerais, 2007.
- MATO DOMÍNGUEZ, A., O Seminario de Estudos Galegos, Sada, Ediciós do Castro, 2001.
- MATO DOMÍNGUEZ, A., “Limiar”, en PÉREZ BUSTAMANTE, C. e GONZÁLEZ GARCÍA-PAZ, S., La Universidad de Santiago (el pasado y el presente) , Sada, Ediciós do Castro, 1995.
- VV.AA.: Arquivo do Instituto Rosalía de Castro, Instituto Nacional de Ensino Medio de Santiago, Folla de Servizos de M.ª Pura Lorenzana Prado.
- VVAA.: Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Expedientes persoais, atado 476, exp. 16.