Paulino Pedret Casado
Santiago de Compostela, 20/ 8/1899 - Santiago de Compostela, 26/5/1969Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Membro do SEG e da RAG, traduciu ao galego a obra De correctione rusticorum, de Martiño de Dumio
Paulino Ceferino Buenaventura Pedret Casado Naceu na rúa do Vilar de Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1899, fillo de Emilio Pedret y Tost, de Sant Gervasi de Cassoles, e mais de Sofía Casado Reinoso, compostelá. Estudou o Bacharelato no Instituto de Santiago por libre, ao tempo que facía a carreira eclesiástica en San Martiño Pinario. Cunha bolsa do arcebispado cursou tres anos de Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, entre 1914 e 1917. Ao seu regreso rematou a carreira de Dereito, licenciándose en 1921 en Santiago de Compostela e doutorándose na Universidade Central de Madrid en 1923 coa tese «La impotencia en el derecho canónico». En 1929 licenciouse en Historia.
En 1922 foi ordenado presbítero por Manuel Lago González, membro da Real Academia Galega e por entón bispo de Tui. Ao ano seguinte ingresou por oposición no corpo de capeláns do exército e en 1925, tamén por oposicións, no de capeláns da armada. Tras deixar o exército, en 1928 ingresa como profesor axudante de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, converténdose en profesor auxiliar dous anos despois.
Comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, levándose especialmente con Xesús Carro García e mais con Joaquín Arias Sanjurjo. Co SEG, colaborou na redacción do texto «Algunhas normas pra unificación do idioma galego» (1933). Nunca tivo unha militancia moi activa na defensa da lingua galega e, en 1934, publica na revista Alento (nº 4) o artigo «O meu galeguismo» no que explica que a súa postura era apolítica
, se ben teño unha inesgotable curiosidade por saber, un espírito ilimitado de crítica e unha grande estima da propia dignidade. Por iso, sen ser de ningún partido político, a miña alma é, dende hai moitos anos, galeguista
. O seu interese pola lingua galega nacera no seminario, da man do profesor Jacinto Piñeiro Soto.
En 1933 marcha a Alemaña a facer cursos de historia eclesiástica en Múnic e Friburgo, e estivo tamén na Universidade de Toulouse. En 1939 asignóuselle a cátedra de Dereito Canónico, que gañou por oposición en 1942. Foi vicedecano da facultade de dereito de 1942 a 1961, e decano de 1961 a 1965. Dirixiu as teses de doutoramento de Jesús Pintos Uribe e Luciano Fariña Couto.
O 27 de xullo de 1941 leu, no paraninfo da universidade compostelá, o seu discurso de ingreso na RAG. Cando se activou o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ingresou no mesmo. En 1944 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Coímbra e, con posterioridade, ingresou como membro numerario da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación da Coruña cun discurso sobre a evolución do ensino do Dereito na Universidade de Santiago. Foi un dos creadores da Fundación Rosalía de Castro en 1947. En 1971 foi nomeado fillo predilecto de Santiago de Compostela a título póstumo.
Paulino Pedret ten diversas colaboracións coa revista Nós. A primeira delas é de xaneiro de 1932, no nº 97, coa tradución ao galego da obra De correctione rusticorum de Martiño de Dumio, acompañado dun texto introdutorio. No nº 104 (agosto de 1932) publica un poema a Xesús Carro, asinado dous meses antes. No nº 119 (novembro 1933) fai un comentario ben extenso sobre a obra Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média, a tese de doutoramento de Manuel Rodrigues Lapa, que saíra editado en 1930.
No nº 120 publica un artigo sobre Xoán Sobreira Salgado, o padre Sobreira, a raíz dunha carta enviada en 1793 ao tamén ilustrado José Cornide Saavedra. Precisamente sobre o xeógrafo e naturalista coruñés é a súa seguinte colaboración, no nº 126-127 (xuño-xullo de 1934), «Un informe en col de Galiza de Xosé Andrés Cornide e Saavedra». Trátase dun longo texto, que ademais da biografía fala dun informe encargado por Manuel Godoy nunha das dúas etapas en que estivo á fronte do goberno de España.
No nº 134 (febreiro 1935) presenta o estudo «Etimoloxías dalgúns nomes xeográficos de Queixumes dos pinos», onde analiza un total de vinte e oito topónimos (dezasete presentados como célticos e once como xermánicos), entre eles Anllóns, Bergantiños, Carantoña, Dombate, Brandomil ou Troitosende. O estudo vén acompañado de diversa bibliografía, entre ela varios volumes en alemán. Para rematar, no nº 135 (marzo de 1935) aparece «Xosé Antonio Saco Arce. Algunhas notas biográficas». Nese mesmo mes publica, no nº 9 da revista Alento, o artigo «Ensaio pra unha teoría do galeguismo».
Despois de 1936 non emprega o galego até 1953, cando escribe o limiar para a edición que fai Bibliófilos Gallegos das novelas de Antonio López Ferreiro, O niño das pombas, O castelo de Pambre e mais A tecedeira de Bonaval. En 1958 o seu texto «Dous dos meus recordos de Otero Pedrayo» aparece incluído na Homaxe da Galicia Universal, volume de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. Tamén nese ano prologa a obra Sospiros d’a y-alma, libro de poesía de Antonio Prado Díaz.
Alén deses artigos en galego, a súa produción espallouse por numerosas revistas científicas ou de divulgación e en periódicos. Os seus temas máis tratados son os de carácter histórico, xurídico, biográfico e relixioso, así como sobre Santiago de Compostela e a súa universidade.
No campo das biografías, amais das aparecidas en Nós, estudou a Alfredo Brañas, Eladio Oviedo Arce, Eugenio Carré Aldao, Antonio López Ferreiro, Gumersindo Laverde Ruiz, Manuel Colmeiro Penido, Pablo Pérez Costanti, Aureliano Pardo Villar, Salvador Cabeza de León ou Celestino Sánchez Rivera.
Nos seus tempos de estudante colaborou no semanario compostelán La Renovación, órgano da Juventud Antoniana de Santiago, subtitulado “Semanario social católico”. Editado entre 1921 e 1922, o seu irmán Tomás Pedret Casado foi o redactor xefe. Escribiu na revista pontevedresa Spes, e xa a mediados de século colaborou en Ambiente, periódico do Carballiño de carácter relixioso publicado entre 1951 e 1954. Publicou tamén nos Cuadernos de Estudios Gallegos, do Instituto Sarmiento, e mais en Abrente. Boletín de la Anunciada.
OBRA
«Contribuzón ao estudo da historia de Galiza sobre os “Capitula Martini”», Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. III» (1929)
«Don Ángel Amor Ruibal», Faro de Vigo (1930)
Estudio sobre San Martín de Braga (1932)
Nuestro Señor Jesucristo en el Priscilianismo (1933)
«Un informe sobre Galicia de José Andrés Cornide y Saavedra», en XIV Congreso de Asociación Española para el progreso de las Ciencias (1935)
«El amor en la familia cristiana», El compostelano (1939)
El matrimonio en las cuestiones sinodales de Galicia desde el Concilio de Trento (1943)
«La evolución de la enseñanza del Derecho Canónico en España», Boletim da Faculdade de Direito, Coimbra, (1946)
Fuentes del conocer del Derecho Canónico (1950)
El Decreto “Ne Temere” en la archidiócesis de Compostela (1951)
Mis maestros gratuitos (1957)
La evolución de la enseñanza del Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela, La Coruña, Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación (1969)
«El impedimento de impotencia en el Derecho Canónico» (Tese, s.d.)
BIBLIOGRAFÍA
Couceiro Freijomil, A. (1954): Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos.
Fraguas Fraguas, A. (1977): «Lembrando a Paulino Pedret Casado», Boletín da Real Academia Galega, nº 359, p. 321-334.
Lorenzo Vázquez, R. (1999): Reflexións crítico-eruditas e sentimentais sobre a lingua. A Coruña: Real Academia Galega.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Paulino Pedret Casado. Publicado o 15/1/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2961. Recuperado o 26/03/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Necrolóxica de Arias Sanjurjo en La Noche
Publicación: Pedret Casado, Paulino: «D. Joaquín Arias Sanjurjo», La Noche, n. 7964 (2 de setembro de 1946), p. 2. Fonte: Galiciana
Artigo de Paulino Pedret Casado sobre Saco Arce publicado na revista Nós en 1935
Pedret Casado, Paulino: «Xoan Antonio Saco Arce. Algunhas notas biográficas», Nós. Boletín mensual da cultura galega, Ano XVII: 135 (15 de marzo de 1935); 41-43.
Fonte. Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia
https://revistanos.galiciana.gal/recurso/ano-xvii-n%C3%BAmero-135---15-marzo-1935/3bc88ea7-299e-4a7f-8936-ca01681fd8e1?pagina=3 [2023-01-18]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos
«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Fonte: Biblioteca Pública Antonio Odriozola / Galiciana. Bibliotea Dixital de Galicia
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952
Ligazóns de interese
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Publicacións periódicas
Ruada (1960-) .
Revista anual de Lar Gallego
Libros do ccg sobre Paulino Pedret Casado
Coroación poética de Ramón Cabanillas.
1999 | Aquilino Iglesia Alvariño, Autoría. Ramón Nicolás, Limiar. Ramón Otero Pedrayo, Autoría. Paulino Pedret Casado, Autoría. Afonso Vázquez-Monxardín, Transcrición. Antonio Fernández Salgado, Transcrición.