Alexandre Raimúndez
Ourense, 1906 - Devon (Inglaterra), 1/10/1968Autoría: Afonso Vázquez-Monxardín
O noso home na BBC
Alejandro Manuel Raimúndez Fernández, ─Manolo Raimúndez, para a familia e amigos de Ourense─ nace na cidade das Burgas en 1906. É o fillo maior do primeiro matrimonio formado por Felisa Fernández Rodríguez e o máis prestixioso xastre da cidade da época, masón e galeguista, Benigno Raimúndez, e leva os nomes dos dous avós, como era tradicional. A súa irmá chámase Paz Concordia o que, xunto con outras datos, nos fai sospeitar da súa pertenza á masonería. Anos despois de enviuvar, en 1921 ─data en que aparece como militante da Mocedá Galeguista de Ourense, nome local das Irmandades da Fala─, casa con Eduarda Porto Vilariño, coa que terá un fillo, Eduardo, o único dos vástagos que viviu permanentemente en Ourense. Don Benigno, proveniente das terras de Amoeiro, gozará dunha fluída amizade cos membros do grupo galeguista ourensán e será un dos comensais habituais nos seus xantares festivos, ata a súa morte en 1964.
O seu obradoiro de xastrería estaba situado na rúa de Alba n.º 24, xusto ao lado da sede do Partido Galeguista (n.º 22) o que non debe ser alleo a esta fluidez de trato e á facilidade con que Alexandre contacta con galeguistas ourensáns logo da guerra para a montaxe das emisións galegas da BBC.
Con dezaseis anos, en 1922, marcha a Vigo a estudar na Escola Pericial de Comercio, e obtén as mellores cualificacións. De alí pasa a Madrid, onde remata os estudos de Profesor Mercantil na Escola de Comercio en xuño de 1928, e incorporarase como profesor auxiliar na propia Escola de Altos Estudos Mercantís de Madrid. Nunca perdeu contacto coa cidade e a prensa local dá noticia destes seus éxitos académicos e profesionais, e mesmo das súas chegadas nas vacacións. O 13 de xaneiro de 1929, publica un artigo en El Pueblo Gallego titulado «Orense después de una ausencia» no que logo de queixarse da imposibilidade de falar do que máis lle gustaría ─estamos na ditadura de Primo de Rivera─ reflexiona sobre as actitudes descomprometidas da xuventude e a necesidade do esforzo educativo, familiar e social.
No bulicio do tránsito á II República, desenvolverá en Madrid unha grande actividade. En 1931 localizámolo como integrante destacado da loxa masónica Mare Nostrum e participando nas actividades do Ateneo. Alí séntese atraído pola actividade de Ramiro Ledesma Ramos, a asina o manifesto La Conquista del Estado como plataforma impulsora do fascismo en España. O colectivo asinante estaba formado por unha ducia de mozos universitarios de vontade revolucionaria e errática traxectoria política anterior e posterior; varios deles faríanse comunistas, outros anarquistas e outros teimarían no fascismo. Galegos, entre eles, á parte do noso autor, figuran Manuel Souto Vilas e Ramón Iglesia Parga.
Ata o mes de outubro publicaron unha revista co mesmo título da que Raimúndez foi secretario e na que colaborou con catro moi significativos artigos da súa visión de Galicia e do mundo. O primeiro deles, no número 5, o 11 de abril, titúlase «Notas de economía. El desastre de la economía nacional» e é o único non centrado en Galicia senón en cuestións globais das que el era especialista. No segundo, no número 7 de 25 de abril, proclamada xa a II República, baixo o título de «Galicia y sus aspiraciones» fai unha profesión de fe fondamente autonomista cunha gabanza explícita ao nacente Partido Nacionalista Republicano, fórmula política transitoria na que a figura de referencia era o seu admirado Otero Pedrayo :
Las regiones que realmente tienen personalidad y no por mero capricho de algún politiquillo local, sino por su tradición, idioma, economía, costumbre y valores étnicos, le han creado una serie de facetas que contrastan visiblemente con las características de otras regiones hispanas, y se preocupan en estos momentos verdaderamente creadores, de articular las posibilidades de su nuevo régimen autonómico, dentro de esta magno mosaico que es la Península Ibérica. Desde antaño, los bardos raciales y los hombres luchadores pidieron para Galicia la satisfacción plena de sus aspiraciones. Pero nos atrevemos a afirmar que jamás se ha producido el momento oportuno “o al menos tan oportuno”, como el actual para que los anhelos del pueblo gallego sean satisfechos. Y no únicamente por la causa del advenimiento de la República, sino por otra de más valor: por la existencia de una conciencia colectiva gallega en torno a la aspiración de su autonomía.
Los hombres de hoy, jóvenes avizorantes de los problemas de su tierra, han infundido a la masa lo que en otro tiempo fue aspiración de una minoría y gemido de una muchedumbre. Cerebros privilegiados, cultivados en largas jornadas de estudio y reflexión tuvieron el acierto de ver que los llantos literarios sólo quedaban como muestra de inspiración o gusto estético; pero que Galicia, para ser redimida, para dejar de ser “a terra asoballada” necesitaba gente capaz, preparada para resolver sus problemas y que contase con el apoyo de una masa -o de su opinión─ penetrada de la necesidad de un régimen administrativo autónomo. [...] Han tenido otra virtud: han sabido ser oportunos. Y conservan perenne el sentimiento de un Estado español único, índice, además, de su sentido moderno de la organización de los pueblos y prueba de fraternidad que España habrá de reconocer.
Hace días que hemos recibido el programa del Partido Nacionalista Republicano que labora en Galicia bajo la presidencia de una figura destacadísima del actual movimiento gallego, y los transcribimos para conocimiento de nuestros lectores.
O terceiro artigo, do número 10 de 16 de maio, titulado «La situación del nuevo Estado» segue reivindicando cousas que aos estudosos da orixe do fascismo en España lles sorprende:
Existe el caso diferencial; pero no sólo en Cataluña, sino que también en las Vascongadas, en Galicia y en alguna otra región española. Casi todas las citadas, más que regiones, son países propiamente dichos con caracteres distintivos perfectamente deprimidos [definidos ?].
E volve contra a monarquía:
La esencia genuína de la monarquía que reinó en España, no sólo impidió sino que cortó de raíz en la mayoría de los casos, todos los signos externos que ponían de manifiesto la distinción de los países que forman la Península Ibérica. Quería uncirlos a su yugo real, centralista y extranjero, con la creencia errónea de que fortalecía al Estado. De este modo, mató la vitalidad que brota inmanente de un pueblo y restó bríos, potencia y grandeza a España. [...] Cuantos se imaginan o pregonan que LA CONQUISTA DEL ESTADO es opuesta a la República Federal, ─si así lo acordasen las Cortes Constituyentes, yerran. [...] Nuestra comprensión va quizá un poco más allá de donde creen algunos intransigentes autonomistas. Reconocemos que los Estatutos que se concedan a cada país íbero federado no ha de ser, no pueden ser, iguales...[...].
E mesmo, na retórica galeguista, fai unha reivindicación explícita de Portugal:
Quisiéramos ver a Portugal dentro de una federación de pueblos íberos, libremente, por su propia voluntad y sin menoscabo de su grandeza nacional, porque nos parece que de este modo obtendríamos mejor y más pronto el provenir que creemos llegará....
Na súa cuarta e derradeira colaboración, no número 17 do 6 de xuño, insiste na paixón autonomista baixo o título de «Un momento interesante. Galicia y su estatuto», ben lonxe, por certo, doutra colaboración no mesmo número de Manuel Souto Vilas titulado «Desde Galicia, política a la deriva».
Estas actitudes de impulso das identidades, do federalismo, do acordo non imperialista con Portugal, que tanto sorprende aos estudosos da orixe do fascismo español, explicarían tamén o seu rápido afastamento do proxecto, seguramente producido no mes de outubro, cando o grupo de Ledesma conflúa co de Onésimo Redondo, (das Juntas Castellanas de Actuación Hispánica) para formaren xuntos as JONS, ─Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista─ de carácter radicalmente máis centralista e castelanista.
Tamén o encontramos no ano 1931 como integrante do Secretariado de Galicia en Madrid, unha asociación que desde a capital trata de contribuír coas súas ideas ─incluso enviando un proxecto completo, como sinala no artigo último citado─ ao proceso de reivindicación do Estatuto de Galicia que estaban comezando a pór en marcha os concellos.
Asinante o 30 de xuño do manifesto El Secretariado de Galicia en Madrid y el problema bilingüístico, resulta elixido ao mes seguinte como
contadordo grupo. Persoa moi ligada á actividade do Ateneo de Madrid, en xullo de 1932 resulta tamén elixido para a súa directiva en calidade de
secretario segundoda Sección de Ciencias Económicas. Parece ser que por esta época, segundo lembranza de Javier Aparicio, se incorpora ao Partido Radical.
En 1933 encontrámolo como profesor auxiliar encargado do curso de Xeografía Xeral na Escola Central Superior de Comercio, aínda que vén a Galicia nas vacacións. En xuño de 1935 é nomeado Catedrático de Estudos Superiores de Xeografía na Escola de Altos Estudos Mercantís de Barcelona, onde chega unha vez pasado o verán. Desde a cidade condal, escríbelle en galego a Ramón Otero Pedrayo, ofrecéndose desde a súa nova posición, e sinala que se verán no Nadal e envíalle
Lembranzas a nosos amigos.
En Barcelona desenvolve a súa carreira profesional entre a estima e o cariño dos alumnos, pois vemos como é un dos dous profesores convidados ás actividades da fin de curso de 1936. O único que sabemos da súa actuación na Guerra é que na súa fin foxe a Francia e pasa polo campo de refuxiados da praia de Argelès-sur-Mer, do que sairá axiña ─segundo referencias familiares do seu sobriño José Miguel Zubizarreta Raimúndez─ grazas ás xestións dun pastor protestante que coñecera en Ourense, daquela residente en Gran Bretaña ─cremos que Eduardo Turrall─. O pastor, en canto recibiu noticias de que estaba alí internado, viaxou ao campo, levouno canda si a Inglaterra, e mesmo lel acabará presentando á que sería a súa esposa, en 1948, Louisse Elizabeth Stevens. Desde a primeira residencia de acollida, en Suffolk, xa o 18 de maio de 1939 fará Raimúndez xestións perante a Junta de Cultura Española en París para emigrar a México como profesor, pero non chegan a concretarse porque unha nova oportunidade se abre: a BBC inaugura en xuño o seu servizo para España.
Como redactor da Sección Española, desde 1941, coincidirá co funcionario da Generalitat de Catalunya Josep Mayé, e ambos serán dúas das voces que radien o día a día da II Guerra Mundial. Á finalización desta, impulsarán os programas en catalán, galego e vasco, que estarán en antena entre 1947 e 1956. Raimúndez foi en todo momento o redactor encargado deles, o que teceu a rede de contactos, partindo das amizades aurienses. Para recadar as colaboracións e proceder ao temas legais de sinatura de contratos e pagamentos, mantivo fluída correspondencia coa intelectualidade galega participante, tanto nas emisións galegas, como nas españolas. Cartas del, desde a casa ou desde a BBC, aparecen en moitos epistolarios, como Ramón Villar Ponte, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Filgueira Valverde, García Sabell, etc.
Especialmente sinifigicativas son as cruzadas con Ben Cho Shey e Leuter González Salgado ─sobre as orixes, desenvolvemento e peche─ e con Francisco Fernández del Riego. Nestas últimas aparece tamén moi detallado o proceso de contratación pola BBC do, dalgún xeito, continuador da súa actividade da emisora, o xornalista ferrolán Ramón Lugrís, así como o envío das notas de Raimúndez para a Revista de Economía de Galicia e unha colaboración titulada «O exempro de Otero Pedrayo» no libro colectivo Homenaxe da Galicia Universal a Otero Pedrayo, nominalmente editado en Caracas, 1958, pero que sabemos, saíu do prelo en Vigo.
Xubílase da BBC con problemas de saúde, en 1963, compatibilizando o seu traballo co de tradutor para organismos da ONU en Xenebra e Roma. Desde a súa saída de España en 1939, fará tres discretas viaxes a Galicia, pois pola súa antiga pertenza á masonería, estaba encausado nun procedemento penal que ecoou ata a década de 1960. Na primeira viaxe, no outono de 1947, organizará a posta en marcha das colaboracións desde Galicia, de acordo con Leuter González Salgado; na segunda, en 1958 coincidindo coa voda do seu irmán Eduardo, Alexandre -nacionalizado como británico desde 1955- percorrerá Portugal antes de achegarse a Celanova. Na terceira viaxe, en 1962, entrega na Real Academia Galega unha copia dos 83 guións orixinais radiados nas emisións que se preocupou de reunir e encadernar, como tamén fixeron Leuter González Salgado, e Francisco Fernández del Riego. Deste xeito, polo interese dos principais protagonistas, hai tres coleccións completas, o que garantiu a súa conservación e difusión, lograda en 1994 coa publicación íntegra dos guións feita polo profesor Antonio Raúl de Toro Santos.
Alexandre morre logo dunha longa enfermidade o 1 de outubro de 1968, sendo, na altura, membro correspondente da Real Academia Galega, a proposta, seguramente, do seu amigo Sebastián Martínez Risco, con quen tiña trato desde pequeno e a quen sinalaba como interlocutor privilexiado nas visitas dos representantes da BBC a Galicia.
O seu irmán Eduardo envioulle desde Ourense unha lousa de granito de Piñor, saída do obradorio de Faílde, pois quería descansar eternamente baixo pedra galega. Hoxe acolle os seus restos no cemiterio de Torqay onde repousa, cunha inscrición que di:
Alejandro Manuel Raimúndez. Born Orense, Spain, 9th march 1906/ died at Paignton, 2nd October 1968. Inda que lonxe da súa terra, o esprito está sempre nela, Sempre en Galicia.
A Fundación Abeijón anunciou en 1969 -tal e como recolle o xornal La Región o 25 de febreiro- un premio co seu nome, pero ningunha noticia posterior indica que se concretase.
Como citar: Vázquez-Monxardín, Afonso : Alexandre Raimúndez. Publicado o 9/10/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29944. Recuperado o 18/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Colaboración de Alexandre Raimúndez no libro Homaxe da Galicia Universal a Otero Pedrayo
Raimúndez, Alexandro: «O exempro de Ramón Otero Pedrayo». En Ramón Otero Pedrayo: Homaxe da Galicia Universal. Caracas: [s.n.], 1958; 23.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Documento dirixido a Josep Manyé e Alexandre Raimúndez por Mr. Stordy, xefe das emisións para o sur de Europa, comunicando o 1 de febreiro de 1947 a aceptación por parte da BBC das «Spanish talks other than in castilian»
Fonte: Documento facilitado por Afonso Vázquez-Monxardín.
Catro artigos de Alexandre Raimúndez no semanario La Conquista del Estado. Madrid, 1931
Raimúndez, Alejandro M.: «El desastre de la economía nacional», La Conquista del Estado, 5 (11 de abril de 1931), 4; «Galicia y sus aspiraciones», 7 (25 de abril de 1931), 2; «La articulación del nuevo estado», 10 (16 de maio de 1931), 2; «Galicia y su Estatuto», 13 (6 de xuño de 1931), 6.
Fonte: http://patriasindicalista.es/hemeroteca/fondo/laconquistadelestado1/laconquistadelestado1_07.pdf [Descarga: 2022-09-30]
«Orense después de una ausencia»,, artigo de Alexandre Raimúndez publicado en El pueblo gallego. 1929
Raimúndez, Alejandro M. : «Orense después de una ausencia», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 1529 (13 de xaneiro de 1929), 11
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Descarga: 2022-09-30]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Ficha de Alexandre Raimúndez (Alejandro Manuel Raimúndez Fernández) en O exilio galego. Repertorio bibliográfico, do Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega. Mediateca.
http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=333 [Consulta: 2022-09-20]
Fragmento de carta de Leuter González a Ben-Cho-Shey sobre os contactos con Alexandre Raimúndez e o seu encargo para o impulso das emisións en galego na BBC. 4 outubro 1947
Fonte: Imaxe facilitada por Afonso Vázquez-Monxardín.
O xornal El compostelano recolle o nomeamento de Alexandre Raimúndez como
contadordo Secretariado de Galicia en Madrid. 1931«Secretariado de Galicia en Madrid», El compostelano: diario independiente, 3388 (21 de xullo de 1931),
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3841
Conferencia de Afonso Vázquez-Morxardín sobre as emisións en galego da BBC
Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso: «As emisións en galego da BBC». XIII Conferencia Anual Plácido Castro: Allariz, 25 de xaneiro de 2022. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2022.
Fonte: www.fundacionplacidocastro.com/w/uploads/xxiii-conferencia-anual-placido-castro-pdf-2.pdf [Descarga: 2022-09-29]
Ligazóns de interese
Especial de Amigos de la onda corta, de RTVE, sobre os 75 anos da primeira emisión do
Fonte. RTVE. Amigos de la onda cortaGalician Programme da BBC
As emisións en galego da BBC en La Opinión
Hermida, Patricia: «This is BBC Radio for Galicia. Cúmprense 75 anos da primeira emisión en galego desde o exilio», La Opinión, A Coruña, 15 de abril de 2022,
Fonte: La Opinión
https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2022/04/15/this-is-bbc-radio-for-65023192.html [Consulta: 2022-09-30]
Artigo en La Región sobre o «Galician Programme» da BBC
Pereira, Jorge: «Ourense cumpre 75 anos na BBC», La Región, (12 de abril de 2022)
Fonte: https://www.laregion.es/articulo/ourense/ourense-cumpre-75-anos-bbc/202204132313461122450.html [Consulta: 2022-09-13]
O galego na BBC de Londres. 75 aniversario do Galician Programme
Vázquez-Monxardín, Afonso: O galego na BBC de Londres: 75 aniversario do «Galician Programme». Santiago de Compostela: Xunta de Galicia; Xacobeo, 2022
Fonte: Xunta de Galicia. O portal da lingua galega.
https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/publicacions/0025/lsquo-galego-bbc-londres-75-aniversario-emgalician-programmeemrsquo [Consulta: 2022-09-30]
Raimúndez asina o manifesto impulsado por Ramiro Ledesma La Conquista del Estado, plataforma impulsora do fascismo en España.
Fonte: Proyecto Filosofía en Español
https://www.filosofia.org/hem/193/lce/lce011b.htm [Consulta: 2022-06-30]
Entrada na Galipedia de Alexandre Raimúndez
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Alejandro_Raim%C3%BAndez [Consulta: 2022-09-30]
A historia do
Fonte: Real Academia Galega.Galician Programmena páxina web da Real Academia Galega
https://academia.gal/-/a-historia-do-galician-programme-da-bbc-a-primeira-programacion-radiofonica-estable-en-galego?p_l_back_url=%2Fprocura%3Fq%3Dsetnta%2Banos%2BBBC [Consulta: 2022-09-30]
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Galician_Programme [Consulta: 2022-09-30]
Galician Programmena Galipedia
Artigo no xornal praza.gal sobre o
Galician ProgrammeLombao, David: «'Galician programme': 70 anos da chegada do galego á BBC», https://praza.gal/, (12 de abril de 2017)
Fonte: https://praza.gal/cultura/galician-programme-70-anos-da-chegada-do-galego-a-bbc [Consulta: 2022-09-30]
Videos
As emisións en galego na BBC. 2
Fonte: Consello da Cultura Galega
As emisións en galego na BBC. 3
Fonte: Consello da Cultura Galega
As emisións en galego na BBC. 1
Fonte: Consello da Cultura Galega