Ernesto Guerra da Cal
Ferrol, A Coruña, 19/ 12/1911 - Lisboa, 28/7/1994Autoría: Joel R. Gômez
O exiliado nos EE.UU. que traballou para internacionalizar a cultura galega
Rexistrado ao nacer o 19 de decembro de 1911 en Ferrol como Ernesto Román Laureano Pérez Guerra, Ernesto Guerra da Cal adoptou este ortónimo ao adquirir a nacionalidade dos EE.UU., en 1945. Desde 1984 asinou tamén como D. C. Warnest, Raguer Caldas, Nestore D’Alguecarra, René C. du Regraastal, Ernst Krieg von Kalk ou Ernst Limewar.
Morto o seu pai, o médico Román Pérez Cal, en 1912 en Ferrol, residiu na infancia en Quiroga coa familia da nai, Laura Guerra Taboada. Tiñan poder nese concello e foi alumno do seu tío político Santiago Prol Blas, académico.
Desde os once anos residiu en Madrid, con Fernando, o irmán máis vello, e coa nai, que era docente. Estudou no instituto de San Isidro. Na Universidad Central cursou dous anos Arquitectura, despois Letras. Na mocidade participou na vida cultural de Madrid e contactou con representantes de Galicia nas Cortes Españolas, como Castelao e Suárez Picallo, con quen coincidiu despois no exilio; ou Otero Pedrayo, con quen renovou relacións. Foi actor no grupo teatral Anfistora, dirixido por Pura Maortua e por Federico García Lorca. Participou en Seis poemas galegos deste autor que, polas reedicións, traducións, versións musicais, e outras iniciativas é seguramente o produto literario galego do século XX con maior proxección internacional, e non existiría sen a súa intervención.
Na guerra de España de 1936 defendeu a República. Estivo nas Milicias Galegas; en Valencia, onde casou con Margarita Ucelay; e en Barcelona. Enviado a Nova York a finais de 1938, ficou como refuxiado político.
Reunido coa esposa, e co apoio da comunidade galega e de persoas e colectivos favorábeis á República, desenvolveu unha exitosa carreira nesa cidade. Foi docente e investigador, na Columbia University (onde exerceu a esposa; tiveron un fillo, Enrique, en 1948), onde se doutorou en 1951; na New York University (1941-1964) e na City University of New York (1964-1977). En 1966 casou por segunda vez, con Elsie Allen da Cal.
Pola actividade profesional, interveu en universidades, congresos e encontros en varios países, colaborou en enciclopedias e revistas de referencia. Pertenceu ás academias de ciencias de Nova York e de Lisboa e á Hispanic Society of America, entre outras sociedades de especialistas, e recibiu distincións e condecoracións nos EE.UU., Brasil e Portugal. Destacou como o principal axente canonizador de Eça de Queirós, sobre todo por Lengua y Estilo de Eça de Queiroz (1954-1984, 7 volumes, que editou a Universidade de Coimbra). Introduciu a Fernando Pessoa en países anglófonos e foi o primeiro tradutor da súa poesía portuguesa para o inglés. Promoveu a internacionalización do neotrobadorismo galego-portugués e de Rosalía de Castro.
Da Cal asinou poesía galega en 1937 (en Nova Galiza, Barcelona), e desde 1946 nos EE.UU., Porto Rico, Brasil, España, Portugal, México, Mozambique e Reino Unido, alén de Galicia. Contactou co grupo Galaxia en 1957, publicando na súa editora e en Grial. Xa nesas publicacións usaba un código ortográfico próximo do portugués, opción que defendeu para a lingua galega nos coloquios internacionais de estudos luso-brasileiros de Baía (1959), Coímbra (1963) e Nova York e Harvard (1966; este último, coa implicación de Ramón Piñeiro, promoveu unha comisión internacional para tal fin).
Pola súa recoñecida especialización e autoridade galeguista, hispanista e lusitanista nos campos científico e literario, proxectou internacionalmente a cultura galega en publicacións de referencia como a Encyclopedia of Literature (Nova York, 1946), na Revista Hispánica Moderna da Columbia University, desde 1954; no Dicionário de Literatura Portuguesa, Galega e Brasileira (Porto, 1956-1960, e reedicións); na Luso-Brazilian Review (Wisconsin University, 1964; e no encontro de especialistas de varios países que precedeu o primeiro número); na New York University (como en Três Poetas em Auto-leitura: Cassiano Nunes, Dora Vasconcelos, Ernesto Guerra da Cal, 1964, que coordinou o brasileiro Antônio Houaiss); e noutras intervencións, maiormente nos EE.UU., Porto Rico, España, Brasil e en Portugal (onde recolleu o Prémio Rosalia de Castro de Poesia, en Guimarães, 1960). Entre 1952-1974 colaborou en EE.UU. na emisora Voice of America. En 1969 participou en Poetas de Galicia, de Radio Nacional de España.
Contactou con comunidades galegas de emigrantes e do exilio. En 1959, na fronteira portuguesa, retomou a comunicación persoal coa cultura de Galicia, a través do Grupo Galaxia. En 1967, en Vigo, visitou a nai e estreitou relacións con Paz Andrade, Del Riego, Cunqueiro e máis.
Desde 1977, xubilado, residiu no Estoril (e desde 1989 en Londres, Nova York de novo, e Lisboa). Realizou intensa atividade cultural, culminou proxectos profesionais e publicou a maior parte da sua poesia: Futuro imemorial. Manual de velhice para principiantes; Deus, tempo, morte, amor e outras bagatelas; e Seis Poemas a Rosalia de Castro, en Portugal; e Caracol ao Pôr-do-Sol e Ramalhete de Poemas Carnais, póstumos, en Galicia. En 1983 confirmou a renuncia á nacionalidade española, que formulou en 1945 ao adoptar a nacionalidade dos EE.UU. segundo consta no Rexistro Civil de Ferrol. A editora da Associaçom Galega da Língua (AGAL) divulgou a versión definitiva de Lua de Além-Mar e Rio de Sonho e Tempo, os libros editados por Galaxia en 1959 e 1963. E intensificou a relación co reintegracionismo. Presidiu desde 1986 a Comissão para a Integração da Galiza no Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa e xestionou a presenza de representacións galegas nos encontros de Brasil (1986) e Portugal (1990).
Preparou unha antoloxía e cancioneiro de Rosalía de Castro (Lisboa, 1985), onde revelou a participación en Seis poemas galegos, tras a difusión dos materiais que Lorca entregou a Blanco Amor para a edición. Na última década, pola relación con María Victoria Atencia e Rafael León, editou produtos poéticos en Málaga, destacando Espelho Cego (1990) e Coisas e Loisas (1992).
En abril de 1993 foi homenaxeado en Quiroga. En xuño de 1994 redactou o derradeiro traballo, Dois lusistas insólitos, sobre Franco e Fraga Iribarne. Morreu en Lisboa o 28 de xullo de 1994.
Bibliografía
Fontes principais
(1946): «Galician Literature». En J. Shipley (ed): Encyclopedia of Literatura. New York: Philosophical Library, v. I, p. 324-327.
(1951, con Bernard Livy [ed.] et al.): A Grammar of Everiday Spanish. New York: The Dryden Press.
(1954-1984): Lengua y estilo de Eça de Queiroz. Coimbra: Universidade (7 volumes: o primeiro, 3 veces traducido para portugués; e 6 máis de bibliografia).
(1955, con Margarita Ucelay): Literatura del Siglo XX. New York, The Dryden Press (segunda ed. ampliada, 1968)
(1956-1960): Artigos de Literatura Galega e Literatura Portuguesa. En J. Prado Coelho (dir.): Dicionário de Literatura Portuguesa, Galega e Brasileira. Porto: Figueirinhas. (con actualizacións nas reed. posteriores; na de 1972 en colaboración con Ramón Lugrís).
(1958): «Glosas superficiaes ao tema do mar da nosa lírica primitiva». En Homaxe a Otero Pedrayo. Vigo, Galaxia: p. 147-172. (versión en español de Margarita Ucelay na revista La Torre da Universidad de Puerto Rico, 1960).
(1961): «Poemas», Papeles de Son Armadans (p. 267-290, poesías en galego con versión en español de Celso Emilio Ferreiro).
(1963a): Cantigas de Santa Maria of King Afonso X. New York: Pro-Musica Antiqua, Decca.
(1964): «O renascimento galego contemporâneo», Luso-Brazilian Review, v. 1, n.º 1, p. 5-18.
(1964b, dir.): The New Appleton-Cuyas. Dictionary English-Spanish & Spanish-English. New York: Doubleday & Company, Inc.
(1964c): «Poemas». En Antônio Houaiss (ed.): Três Poetas em Auto-Leitura: Cassiano Nunes, Dora Vasconcelos, Ernesto Guerra da Cal. New York: New York University.
(1965): «Apresentazón». En Morris, Anne Marie: Voz Fuxitiva. Vigo: Salnés.
(1966): «Seis motivos do eu», Papeles de Son Armadans.
(1968, con Pedro Calmon, Celso Cunha e Alberto Machado da Rosa): «Proposta de Acordo para a Língua Portuguesa». En Actas do V Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros Coimbra-1963. Coimbra: Universidade.
(1973): Problemas do romance cervantino e a sua projeção no romance ibérico. Rio de Janeiro: Universidade Federal do Rio de Janeiro, Faculdade
de Letras.
(1985a): Futuro Imemorial. Manual de Velhice para Principiantes. Lisboa: Sá da Costa.
(1985b): Antologia Poética. Cancioneiro Rosaliano. Lisboa: Guimarães.
(1987): Deus, Tempo, Morte, Amor e outras bagatelas. Lisboa: Horizonte.
(1988): Seis Poemas a Rosalia de Castro. Pontevedra-Braga: Fundação Europeia Viqueira-Instituto de Estudos Lusogalaicos.
(1990): Espelho Cego. Málaga: Plaza de la Marina.
(1991): Lua de Além-Mar e Rio de Sonho e Tempo. A Coruña: Associaçom Galega da Língua (versión definitiva dos libros editados por Galaxia en 1959 e 1963)
(1994): «Dois lusistas insólitos», Agália, n.º 38.
(2000): «Ramalhete de Poemas Carnais». En J. L. Rodríguez (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia e Universidade, v. I, p. 71-80.
(2001): Caracol ao Pôr-do-Sol. A Coruña: Associaçom Galega da Língua.
Fontes secundarias
Carvalho, Joaquim de Montezuma de, (1971): «Elogio do escritor galego Ernesto Guerra da Cal», Grial, n.º 31, p. 104-108.
Castro, Aníbal Pinto de (ed.) (1997): Homenagem a Ernesto Guerra da Cal. Coimbra: Universidade.
Cal, Elsie Allen da (1991): «Esboço biográfico de Ernesto Guerra da Cal (biografia autorizada)». En Ernesto Guerra da Cal, : Lua de Além-Mar e Rio de Sonho e Tempo. A Coruña: Associaçom Galega da Língua.
Dacosta, Henrique (2007): Ferroláns na historia da literatura galega. Ferrol: Embora.
Dobarro, Xosé María, et al. (ed.), (agosto 2002): «Ernesto Guerra da Cal», Ferrol Análisis, n.º 17 (Reed. ampliada en «Ernesto Guerra da Cal. Lonxe da súa terra matricial». En Ferrol en tempo de historia. Recuperación da nosa memoria histórica. Ferrol: Concello de Ferrol, decembro 2002. n.º 16.
Gil Hernández, António (ed.) (2017): Estudos sobre Guerra da Cal. Santiago de Compostela: Academia Galega da Língua Portuguesa.
Fontenla, José Luís (coord.) (1989): «Homenagem a Guerra da Cal», Nós: Revista da Lusofonia, n.º 13-18.
Congresso internacional de língua (1995): «Congresso internacional de língua, cultura e literaturas lusófonas (Homenagem ao professor Ernesto Guerra da Cal)», Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, n.º 27-38.
Gômez, Joel R. (2009): A trajectória de Ernesto Guerra da Cal nos campos científico e literário. Santiago de Compostela: Universidade (Tese de Doutoramento, orientada polo profesor doutor Elias J. Torres Feijó)
Gômez, Joel R. (2015): Ernesto Guerra da Cal, do exílio a galego universal. Santiago de Compostela: Através.
González López, Emilio (1974-1975): «La plural actividad literária gallega en los países de habla inglesa», Cuadernos de Estudios Gallegos, t. 29, n.º 87-89, p. 177-195.
Henríquez Salido, Maria do Carmo (coord.) (outono 1994): «Ernesto Guerra da Cal (Ferrol 1911–Lisboa 1994). Homenagem e in memoriam», Agália, n.º 39.
Maceira Fernández, Xosé Manuel (1995): A literatura galega no exilio. Consciencia e continuidade cultural. Vigo: Edicións do Cumio.
Martínez López, Ramón (1978): «Literatura gallega en el exilio». En José Luis Abellán (ed.): El exilio español de 1939, v. VI. (reed.: A literatura galega no exilio. Trasalba: Fundación Otero Pedrayo).
Montero Santalha, José-Martinho (1995): «Acta de Nascimento de Guerra da Cal». En José Luís Fontenla (dir.): «Atas do Congresso Internacional de Língua, Cultura e Literaturas Lusófonas. (Homenagem ao Professor Ernesto Guerra da Cal)», Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, Pontevedra-Braga, n.º 27-38, p. 19-22.
Piñeiro, Ramón (1964): «Galegos fora de Galicia. Ernesto Guerra da Cal», Grial, n.º 5, p. 383-385.
Rei Samartim, Isabel, et al. (2012): A música de seis poemas universais de Ernesto Guerra da Cal. Baiona (Pontevedra): Dos Acordes e Academia Galega da Língua Portuguesa.
Ucelay-Da Cal, Enric (2016): «Guerra da Cal, Ernesto». En Manuel Aznar Sole e José Ramón López García (ed.): Diccionario bibliográfico de los escritores, editoriales y revistas del exilio republicano de 1939. Sevilla: Renacimiento; v. II, p. 542-546.
Como citar: Gômez, Joel R. : Ernesto Guerra da Cal. Publicado o 10/11/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3026. Recuperado o 31/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
«Anteloquio indispensável», prólogo do poemario Futuro Imemorial de Guerra da Cal
Fonte: Guerra da Cal, Ernesto: «Anteloquio indispensável: prólogo do poemario Futuro Imemorial», Temas de O Ensino: revista galaico portuguesa de sociopedagogía e sociolingüística, n.º 6-10 (1986), p. 13-21.
Academia.eu / José-Martinho Montero Santalha. Accesible en: https://www.academia.edu/44786519
«Seis motivos do eu», poemas de Guerra da Cal na revista Son Armadans
Fonte: Guerra da Cal, Ernesto: «Seis motivos do eu», Papeles de Son Armadans, t. 41, n.º 123 (1966), 282-291. Sección El Hondero
Biblioteca do Consello da Cultura Galega. PP PSA 123
Intrudución de Guerra da Cal ao poemario Voz Fuxitiva, de Anne Marie Morris
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Poemas de Guerra da Cal na revista Son Armadans
Fonte: Guerra da Cal, Ernesto: «Poemas», Papeles de Son Armadans, t. 21, n.º 63 (1961), 266-275. Sección El Hondero
Biblioteca do Consello da Cultura Galega. PP PSA 63
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo sobre Guerra da Cal, da autoría de Manuel Lopes Zebral
Fonte: Cedido polo autor
Estudos sobre Guerra da Cal, publicación da Academia Galega da Língua Portuguesa
Fonte: Gil Hernández, A. (ed.): Estudos sobre Guerra da Cal. Santiago de Compostela: Academia Galega da Língua Portuguesa, 2017
Academia.eu / José-Martinho Montero Santalha. Accesible en: https://www.academia.edu/32376817/Estudos_sobre_Guerra_da_Cal_2017_
O escritor Xavier Alcalá escribe en Grial sobre Ernesto Guerra da Cal
Fonte: Alcalá, Xavier: «My dear D. H. Warnest », Grial, n.º 192 (outubro-decembro de 2011), p. 67-75
Hemeroteca da revista Grial. Accesible en https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_192.pdf [Consulta: 2021-11-11]
Guerra da Cal, García Lorca e Blanco Amor
Fonte: «Federico, Ernesto e Eduardo: tres nomes para os Seis poemas galegos». En Pérez Rodríguez, Luis: Pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011; p. 83-139.
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Biografía de Ernesto Guerra da Cal na Gran Enciclopedia Galega
Fonte: «Guerra da Cal, Ernesto». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, DL 2003; v. 22, p. 168-169
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo do lingüista J.M. Montero Santalha escibe sobre os testemuños do reintegracionismo linguístico galego-portugués dos anos sesenta e setenta
Fonte: Montero Santalha, J. M.: «Alguns testemunhos do reintegracionismo linguístico galego-português nos anos 60-70», Agália, n.º 65-66, . (2001), p. 9-16
Associaçom Galega da Língua. Accesible en: https://agalia.net/Agalia/065-66.pdf
Relatorio de Víctor Fuentes sobre as relacións nas obras dos exiliados galegos en Estados Unidos
Fuentes, Víctor: «Constantes gallegas y del exilio norteamericano en la obra de Ernesto Guerra da Cal, Emilio González López, Eugenio Granell, Ramón Martínez López y José Rubia Barcia». En Actas do Congreso Internacional “O exilio galego” [Celebrado en Santiago de Compostela do 24 ao 29 de setembro de 2001]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2002; 517-540.
Fonte: Consello da Cultura Galega.
Accesible en: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2001_Actas-do-congreso-internacional-O-Exilio-Galego.pdf
Número especial da revista Agália dedicado a Guerra da Cal
Fonte: «Ernesto Guerra da Cal», Agália: revista internacional da Associaçom Galega da Língua, n.º 39 (outono 1994)
https://agalia.net/Agalia/039.pdf
Especial sobre o pasamento de Guerra da Cal en A Nosa Terra
Fonte: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_0634_19940811.pdf
Artigo de Ramón Piñeiro sobre Guerra da Cal, na revista Grial
Fonte: Piñeiro, Ramón: «Galegos fóra de Galicia: Ernesto Guerra da Cal», Grial, n.º 5 (xullo-setembro de 1964), p. 383-385.
Hemeroteca da revista Grial. Accesible en https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_005.pdf [Consulta: 2021-11-11]
Fernández del Riego escribe en La Noche sobre Saudade líquida, poemario de Guerra da Cal
Fernández del Riego, F. [Salvador Lorenzana}: «Saudade líquida, o novo libro de Ernesto Guerra da Cal», La Noche, n.º 12947 (7 de xuño de 1963), p. 7
Fonte: Galiciana. Biblioteca de Galicia
«Evocador torneo trovadoresco en el secular palacio ducal de Guimarães». Crónica publicada en El Pueblo Gallego en 1960, sobre os Xogos Florais galaico portugueses, nos que Ernesto Guerra da Cal foi un dos catro poetas premiados
Fonte: El Pueblo Gallego, n.º 12044 (14 de xuño de 1960), p. 9
Galiciana. http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1260316&posicion=9&presentacion=pagina
O poeta de Nova York: Guerra da Cal en palabras de Franco Grande
Fonte: Franco Grande, X.L.: «El poeta de Nueva York», La Noche, n.º 11998 (26 de febreiro de 1960), p. 8
Galiciana. Biblioteca de Galicia
Otero Pedrayo escribe sobre Lúa de alén mar
Fonte: Otero Pedrayo, Ramón: «Poemas de un filólogo: 'Lua de alén mar', versos de Ernesto Guerra da Cal», La Noche, n.º 11976 -(1 de febreiro de 1960), p. 5-6.
Galiciana. Biblioteca de Galicia
Ligazóns de interese
O centenario de Guerra da Cal no web da Secretaría Xeral de Emigración
Fonte: https://emigracion.xunta.gal/actualidade/nova/obra-ernesto-guerra-cal-xera-interese-no-seu-centenario [Consulta: 2021-11-11]
Ernesto Guerra da Cal no web Historia da Literatura Galega (AS-PG)
Fonte: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/guerra-da-cal-ernesto.html [Consulta: 2021-11-10]
Entrada sobre Ernesto Guerra da Cal na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ernesto_Guerra_da_Cal [Consulta: 2021-11-10]
Ficha de Ernesto Guerra da Cal na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ErnGuerr&alias=Ernesto+Guerra+da+Cal [Consulta: 2021-11-10]
Biografía de Ernesto Guerra da Cal no portal da Associaçom Galega da Língua
Fonte: https://a.gal/ernesto-guerra-da-cal-ferrol-1911-lisboa-1994/ [Consulta: 2021-11-10]
Guerra da Cal na DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: https://dbe.rah.es/biografias/53901/ernesto-perez-guerra [Consulta: 2021-11-10]
Audios con interpretacións da obra de Ernesto Guerra da Cal, editados con motivo do Centenário Guerra da Cal 1911-2011, organizado pola Academia Galega da Língua Portuguesa
Fonte: https://guerradacal.academiagalega.org/component/content/article/55.html [Consulta: 2021-11-10]
Pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca
Pérez Rodríguez, Luis: Pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=3067
Tese de doutoramento de Joel R. Gômez sobre Ernesto Guerra da Cal
Gômez, J. R.: A trajectória de Ernesto Guerra da Cal nos campos científico e literário. Santiago de Compostela: Universidade, 2009. [Tese de doutoramento]
Fonte: Minerva. Repositorio institucional da USC.
https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/2595
TORRES FEIJOO, E. e J. R. Gômez: «1900-2000: Um século para o processo de canonicidade de Eça de Queirós. A intervençom de Ernesto Guerra da Cal», Revista de Letras, 2 (2003), p. 103-112.
Fonte: Revista de Letras. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro Accesible en: https://www.utad.pt/cel/wp-content/uploads/sites/7/2021/06/revista02_atualizada.pdf
Carta manuscrita de Ernesto Guerra da Cal, profesor na New York University, a Xosé M.ª Álvarez Blázquez, director da editora Monterrey (Vigo), conservada no arquivo de Álvarez Blázquez. Data: 1956-57(?)
Fonte: Academia Galega da Língua Portuguesa
https://guerradacal.academiagalega.org/images/PDF/carta%20de%20guerra%20da%20cal%20a%20xmab%201956-57.pdf [Consulta: 2021.11-15]
Epístolas de
Carta de Valentín Paz-Andrade a Ernesto Guerra da Cal (1969)
Videos
Vídeo co resumo do acto de homenaxe a Ernesto Guerra da Cal que tivo lugar en Santiago de compostela en 2011. O evento formou parte dos actos programados pola Academia Galega da Língua Portuguesa con motivo do centenario do nacemento de Guerra da Cal
Fonte: https://guerradacal.academiagalega.org/homenagens/61-guerra-da-cal-homenageado-em-compostela.html [Consulta: 2021-11-10]