O Pórtico poético dos Seis poemas galegos achégase ao lector nunha nova edición con leves retoques, pero cos mesmos propósitos de sempre: honrar a memoria do poeta granadino e do editor dos poemas e, con eles, a de todos os inmolados na incivil guerra española de 1936, co propósito de manter viva a memoria histórica da barbarie para que algo así non volva suceder.
A través do discurso blancoamoriano, vaise reconstruíndo unha historia verosímil do nacemento e escritura dos Seis poemas galegos. Os poemas naceron maxicamente no encontro de Federico García Lorca con Galicia e cos seus amigos galegos, entre os que sobresaen dous de especial protagonismo neste libro: Ernesto Pérez Guerra e Eduardo Blanco-Amor.
O prólogo de Carlos Martínez-Barbeito, amigo íntimo tamén do poeta granadino, proxecta luz sobre este pórtico poético e pon novos puntos e pon novos puntais para unha lectura renovada dos Seis poemas galegos.
O CD coa música dos poemas, composta expresamente polo mestre Isidro B. Maiztegui por pedimento do autor deste libro, ponlle unha coroa musical a tan fermosos poemas.

Título | pórtico poético dos «Seis poemas galegos» de F. García Lorca, O |
Autoría |
Luis Pérez Rodríguez |
Música. Composición |
Isidro Maiztegui |
Limiar |
Carlos Martínez-Barbeito |
Música. Interpretación |
Marta de Castro |
Obxecto de estudo |
Federico García Lorca |
Presentación |
Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
Edición | 3ª edición |
Descrición física | 406 p. : il., fot., mús. ; 24 cm + 2 discos (CD-DA) |
Notas | Textos en galego e castelán. Imaxe da cuberta: Federico García Lorca e Ernesto Guerra da Cal, na terraza dun café madrileño, naqueles tempos da República. Fotografía cedida pola Fundación Federico García Lorca. Contén: CD 1. Conferencia de E. Blanco-Amor : Los poemas gallegos de F. García Lorca (Centro Galego de Bos Aires, 30 de xullo de 1959). -- CD 2. Recital musical/ mestre, Isidro B. Maiztegui Pereiro; soprano, Marta de Castro. Estes documentos sonoros están dispoñibles nun ficheiro comprimido (.zip) que contén dez pistas de audio en formato mp3 repartidas en dous directorios: o primeiro directorio recolle as pistas 1 (10'24''), 2 (26'58'') e 3 (36'58'') da conferencia de Eduardo Blanco Amor (CD 1). O segundo directorio (CD 2) contén sete pistas do acto literario musical O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, celebrado o 12 abril de 1996 no Consello da Cultura Galega, e que contou coa interpretación ao piano do mestre Isidro B. Maiztegui Pereiro acompañado da soprano Marta de Castro. Neste caso, a pista 1 corresponde á presentación do acto, e as seis restantes ás pezas do recital musical. Existen edicións previas desta obra: 1ª edición: 1995 1ª edición, 1ª reimp: 1996 2ª edición: 1998, corrixida e aumentada |
ISBN | 978-84-92923-26-7 |
Depósito Legal | C 3170-2011 |
CCG. Signatura | CCG 2011 414 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Autores & textos |
Materias | |
Código QR |