Consuelo Doel Traseira
Madrid, 29/ 6/1918 - Lugo, 24/3/2013Autoría: María del Mar Montes Doel
Inspectora farmacéutica, promotora da saúde pública
Tanto a súa familia materna como a paterna, procedían de distintas parroquias do concello de Lugo. Foi filla do matrimonio formado por Manuel Doel Pallín (San Lourenzo de Albeiros, 1876), axudante de obras públicas, e Consuelo Traseira Carreira (Santiago de Meilán), dedicada ao coidado da casa e da familia. Tivo unha irmá, Manuela Rosa Doel Traseira, que tamén exerceu como farmacéutica. Consuelo casou o 22 de maio de 1950 con Antolín Montes Silvosa, tenente de navío da Armada, co que tivo tres fillos e unha filla: Juan, Antolín e Gonzalo, mestres de Ensino Primario; e María del Mar, tamén mestra de Primaria e pedagoga.
Consuelo realizou os estudos primarios no colexio da Milagrosa de Lugo e o bacharelato no Instituto Nacional de Segundo Ensino desde 1932 a 1939, con grande aproveitamento segundo mostra o seu expediente escolar. Entre 1941 e 1945, cursa os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, no pazo de Fonseca, con brillantes resultados. Como se pode comprobar nas papeletas de notas asinadas polo profesor Villanueva, nalgunhas materias obtivo a cualificación de sobresaliente.
Mentres realizou a carreira de Farmacia, permaneceu interna na Residencia das Teresianas.
En 1947 ingresou por oposición no Corpo de Inspectores Farmacéuticos Municipais (segundo Orde ministerial do 29 xaneiro publicada no BOE n.º 34 de 3 de febreiro de 1947), noticia que recolle El progreso de Lugo na sección «Gente que estudia», no edición do domingo 9 de febreiro de 1947.
Entre o 23 de decembro de 1948 e o 16 de xaneiro de 1956 exerceu como farmacéutica titular no concello de Pedrafita do Cebreiro e despachou, ata o 2 de agosto de 1969, as receitas da Beneficencia Municipal. Así, segundo certifica o alcalde-presidente desde concello lugués, Consuelo Doel
desempeñó interinamente la plaza de Farmacéutico, de este municipio, desde el día 23 de Diciembre de 1948 hasta el día 16 de Enero de 1956, que cesó en dicha interinidad, si bien desde esa última fecha, continuó con la mencionada Farmacia, de esta repetida Villa de Piedrafita, abierta al público, despachando también las recetas de la Beneficencia Municipal, de este municipio, hasta el día 2 del actual mes de Agosto, en que dejó de realizarlo, por haber traspasado la referida Farmacia (a 6 de Agosto de 1969).
Posteriormente, foi farmacéutica da Beneficencia Provincial no Hospital Provincial de San Xosé, dependente da Deputación de Lugo, desde o 2 de setembro de 1974 ata o 1 febreiro de 1976. Tras a morte da súa irmá Manuela Rosa, e ata o seu traspaso, sería rexente da Farmacia Doel, situada na rúa Montorfe de Lugo.
Outros estudos e titulacións
Muller de moitas inquietudes e amante da música obtivo, en xuño de 1932, Diploma pola súa aplicación e aproveitamento no terceiro curso de Solfexo, realizado pola Academia de Música de Lugo e o Círculo das Artes.
En xuño e xullo de 1938 realizou o Curso de Iniciación de Puericultura, promovido pola Inspección Provincial de Sanidade de Lugo. Anos despois, o 21 de abril de 1945, realizaría na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela o curso Análisis Bromatológico, Clínico y Bacteriológico.
Interesada tamén polo ensino, obtivo o título de Maestra de Primera Enseñanza na Escola Normal de Lugo. O título está expedido en Madrid o 31 de xullo de 1972.
Aspectos relevantes
Cómpre destacar, para valorar en toda a súa dimensión a importancia de Consuelo Doel Traseira que, na época en que viviu, o papel da muller era secundario e destinado única e exclusivamente ao coidado da casa e dos fillos. Moi poucas mulleres sabían ler e escribir e menos aínda tiñan acceso á Universidade. Por iso é de salientar o talante aperturista tanto do seu pai como da súa nai que, froito da súa formación, rompen con esas restricións e queren para as súas dúas fillas outro modelo e estilo de vida. Para Consuelo Doel tamén foi importante ter como compañeiro de vida a unha persoa que non lle puxo límites á hora de exercer a súa profesión e que alentou as súas ansias de formación e coñecemento.
Consuelo Doel realizou o seu traballo nun momento en que a farmacia
prácticatiña un gran peso, coa elaboración de fórmulas maxistrais, onde ela demostrou unha gran coñecemento de substancias e utensilios e aparatos de laboratorio. Foi una persoa cunha gran curiosidade científica que se mantivo viva e activa ata o final dos seus días, preocupándose por actualizarse profesionalmente aínda cando xa non estaba en exercicio.
Ao longo da súa vida profesional colaborou con outras compañeiras farmacéuticas na difusión de campañas de vacinación e de prevención sanitaria. Con estes traballos de divulgación de medidas de hixiene e de saúde pública, tanto Consuelo Doel como as demais farmacéuticas luguesas, contribuíron en gran medida á formación e ao coidado da poboación, así como ao desenvolvemento sanitario da provincia.
Outros datos
Consuelo Doel sempre mantivo viva a lembranza da súa época estudantil, o cariño polos compañeiros e compañeiras e o respecto e admiración polo seu profesorado e polas persoas que a orientaron. Este permanente recordo vese confirmado polo seu interese en facerse coa medalla conmemorativa realizada por Sargadelos con motivo do cincuenta aniversario da promoción 1932-1939 do Instituto de Bacharelato de Lugo e coa medalla, o albarelo de botica -tamén realizado por Sargadelos- e o libro De pharmaceutica scientia: 150 años de la Facultad de Farmacia (1857-2007), publicado para celebrar o aniversario da creación da facultade de Farmacia.
Malia a súa avanzada idade, permaneceu de alta no Colexio de Farmacéuticos de Lugo ata o seu falecemento, o que lle permitiu estar ao día ao recibir as circulares, convocatorias e novidades da súa profesión, así como a Revista de Farmacia, manténdose informada das novas relativas ao ámbito farmacéutico. Conservou papeletas de notas, certificados e títulos, libros da carreira, o seu herbario, algún frasco..., obxectos que co tempo contribúen a coñecer a historia da carreira de Farmacia.
Como colofón a esta biografía, o 10 de febreiro de 2022 na sección «Hace 75 años», El Progreso recupera a nova do aprobado de 1947:
Gente que estudia: En las recientes oposiciones celebradas en Madrid para el cuerpo de los Farmacéuticos han obtenido plaza las señoritas Antonia Fraga y Consuelo Doel. Nuestra enhorabuena a las nuevas inspectoras y respectiva familia. E, en 1921, María Isabel Fernández García, no libro Pioneiras de Ciencias de Lugo, dedícalles cadansúa mención ás irmás farmacéuticas Consuelo e Manuela Rosa Doel Traseira.
Bibliografía
Fernández García, María Isabel (2021): Pioneiras de Ciencia en Lugo. Lugo: Asociación Colectivo Egeria.
Como citar: Montes Doel, María del Mar : Consuelo Doel Traseira. Publicado o 9/8/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=33520. Recuperado o 05/12/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Título de Maestra de Primera Enseñanza, expedido o 31 de xullo de 1972
Fonte: Arquivo familiar Montes Doel
Quendas de garda da farmacia Doel, rexentada por Manuela Rosa e, á súa morte, por Consuelo. 24 de xaneiro de 1956
«Farmacias de Guardia», El Progreso, 15078 (24 de xaneiro de 1956), 2.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000258098 [Consulta: 2022-08-05]
Certificado de asistencia ao curso Análisis Clínicos, Bromatológicos y Bacteriológicos. Facultade de Farmacia, 7 de maio de 1955
Fonte: Arquivo familiar Montes Doel
Cualificación de sobresaliente na materia de Hixiene, asinada polo catedrático Dr. Villanueva. Facultade de Farmacia, 21 de maio de 1945.
Fonte: Arquivo familiar Montes Doel
Certificado de asistencia ao curso Análisis Bromatológico, Clínicos y Bacteriológico. Facultade de Farmacia, 21 de abril de 1945
Fonte: Arquivo familiar Montes Doel
Matrícula na materia de Música. Escola Normal de Maxisterio de Lugo, setembro de 1941
Fonte: Arquivo familiar Montes Doel
Título do Cursillo de Iniciación de Puericultura. Lugo, meses de xuño e xullo de 1938
Fonte: Arquivo familiar Montes Doel
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Biografía de Consuelo Doel Traseira en Pioneiras de Ciencia en Lugo, de María Isabel Fernández García
«Consuelo Doel Traseira». En Fernández García, María Isabel: Pioneiras de Ciencia en Lugo. Lugo: Asociación Colectivo Egeria, 2021; 175-176.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Consuelo Doel entre o alumnado que consegue o título de Bacharelato
«Instituto Masculino de Enseñanza Media», El Progreso, 12363 (14 de maio de 1947), 2.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000258098 [Consulta: 2022-08-05]
Información en El progreso sobre a obtención da praza para o Corpo de Farmacéuticos. 9 de febreiro de 1947
«Gente que estudia», El Progreso, 12185 (9 de febreiro de 1947), 3.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000258098 [Consulta: 2022-08-05]
Nota en El pueblo gallego sobre a licenciatura en Farmacia de Consuelo Doel Traseira. 1945
El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 6888 (23 de setembro de 1945), 2
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000247962 [Consulta: 2022-08-05]
Ligazóns de interese
Consuelo Doel Traseira é unha das mulleres Pioneiras de Ciencias de Lugo, recuperadas por M.ª Isabel Fernández García
Fonte: https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.28643.php [Consulta: 2022-08-05]
A tese de doutoramento da USC As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 recolle dos nomes das irmás Consuelo e Manuel Rosa Doel Traseira
Pintos Barral, Xoana: As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Santiago de Compostela: Universidade, Facultade de Química, 2016. [Tese de doutoramento]
Fonte: Minerva. Universidade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/14763
A irmá de Consuelo, Manuela Rosa Doel, estudou na Residencia de Señoritas de Madrid. Ao falecer, Consuelo rexentaría a súa farmacia da rúa Monforte
Fonte: Universidade da Coruña
https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/12163/SAR_2012_16_art_6.pdf [Consulta: 2022-08-04]
Videos
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. María Isabel Fernández García fala das científicas luguesas
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=gtaZ2iTM_uo&ab_channel=UNEDLugo [Consulta: 2022-03-03]