María de las Mercedes Goicoa Fernández

A Coruña, 1928 - A Coruña, 2022

Cartografía

----

María de las Mercedes Goicoa Fernández

A Coruña, 1928 - A Coruña, 2022

DOI: 10.17075/adc.22305
DATA: 12/2/2020

María de las Mercedes Goicoa, nada na Coruña o 10 de xullo de 1928, foi a primeira muller que presidiu unha das trece Reais Academias de Belas Artes de España, a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Ingresara na institución como académica en 1986, presidiuna desde 2003 até 2014 e, desde entón, foi presidenta de honra. Neste último cargo foi precedida por: Carlos Martínez Barbeito, historiador e escritor (1988-1997), Manuel Chamoso Lamas, historiador e arqueólogo (a título póstumo), Fernando Álvarez de Sotomayor, pintor (1938-1939), e polo filántropo e banqueiro Eusebio da Guarda (1890-1997). Con ela, a música entrou por primeira vez na Presidencia da institución. Finou na Coruña o 11 de novembro de 2022]

O recoñecemento é innegable, como tamén o é o merecemento. Alén dos méritos como intérprete, como profesora ou como académica, a ollada cara á infancia lévanos até unha nena que deu o seu primeiro concerto con dez anos.

Superou toda a carreira de piano e graduouse no Conservatorio Superior de Música de Madrid cos mellores resultados posibles: primeiro Premio Fin de Carreira, Premio Extraordinario de Piano María del Carmen e Premio Extraordinario de Virtuosismo. Non obstante, para ela o máis emocionante foi a excepcional nota dun “sobresaínte dobre” cando se examinou por libre, no mesmo ano, do 6º e 7º curso. Daquela etapa da aprendizaxe lembra con especial agarimo e respecto o profesorado que por fortuna lle tocou, desde a súa propia tía, Honoria Goicoa, até Pilar del Castillo, Alberto Garaizábal ou José Cubiles —o gran concertista que dixo dela que non lle tiña cousa que corrixir, se acaso que agrandar—, aos que seguiría outra etapa en París cos profesores Lazare Lévy e George Enesco.

Mercedes Goicoa acadou sona internacional desde que, con dezaseis anos, comezou a súa etapa de concertista por varias cidades españolas e francesas. Destacaba tanto como solista coma con orquestra e foi galardoada en reiteradas ocasións con premios como o primeiro Premio de Música de Cámara ou o Premio de Interpretación de Música Francesa.

Coñeceu e tivo contacto profesional con figuras tan destacadas como Salvador Bacarise, Luis Galve, María Victoria de los Ángeles ou Narciso Yepes. Admiradora da maxia de Arthur Rubinstein, foi comisaria da exposición celebrada co gallo do seu centenario en 1987, Rubinstein y España, que veu a Galicia polo seu empeño e polo coñecemento que tiña do gran pianista.

A súa faceta de docente comeza en 1963 no Conservatorio da Coruña, onde traballou, até a súa xubilación en 1993, como profesora superior de Piano. Polas súas clases pasaron varias xeracións dun alumnado que se recoñece discípulo da súa inconfundible escola pianística.

Elixida académica en 1986, permaneceu activa na Real Academia Galega de Belas Artes até fins de 2014, cando renunciou a rematar o seu terceiro mandato como presidenta por motivos de saúde.

Durante case tres décadas teimara en conservar, e poñer a disposición da sociedade, o inmenso legado patrimonial que alberga a institución. A ela débese a creación do Arquivo Musical de Galicia, do que foi directora, que recolle a obra de compositores galegos ou residentes en Galicia dos séculos XIX e XX. Tamén foi a promotora da creación do Arquivo de Imaxes.

Unha das súas decisións máis importantes foi abrir a Academia á cidadanía porque: “A cultura debe estar ao alcance do pobo; non é cousa de elites”.

Loitou por dotar de maiores recursos a Academia e fíxoa protagonista e partícipe da dinamización cultural no máis amplo sentido, coa organización de concertos, conferencias, exposicións e mesmo realizando actividades fóra da entidade.

Tivo tempo, ademais, de facer análise, crítica e información sobre publicacións musicais de editoriais como Labor ou Santillana no xornal La Voz de Galicia e en revistas especializadas.

O seu espírito, xeneroso e comprometido, plásmase nunha das numerosas entrevistas que concedeu cando se retirou da presidencia da Real Academia de Belas Artes, onde resume a vontade que sempre a moveu: “Quixen dar a coñecer a nosa cultura, os tesouros que temos, e síntome satisfeita porque puiden aportar o meu grao de area á cultura de Galicia.”

Como citar: [María de las Mercedes Goicoa Fernández. Recuperado o 28/03/2024 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=22305 DOI: 10.17075/adc.22305]

Obra de María de las Mercedes Goicoa Fernández

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Presentación de la Presidenta de la Real Academia».

En LIAÑO PEDREIRA, M.ª Dolores: Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón. Catálogo de partituras, A Coruña, Deputación, 2012.
Fonte: ASG

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Prólogo».

En O Mariscal de Rodríguez Losada: primeira obra bilingüe galega, Mondariz, Fundación Mondariz Balneario, 2010.
Fonte: ASG

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes; PABLO PÉREZ, Víctor: «Discurso toma de posesión de D. Víctor Pablo Pérez. Discurso de contestación de D.ª Mercedes Goicoa Fernández»,

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 42-43 (2010-2011), p. 435-438.
Fonte: academiagallegabellasartes.org [data de descarga 06/03/2018]

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Discurso de recepción con motivo del ingreso de Isaac Díaz Pardo como académico honorario de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario»,

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 40-41 (2008-2009), p. 401-407.
Fonte: academiagallegabellasartes.org [data de descarga 06/03/2018]

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Introducción a la sesión: las reales academias de bellas artes y la enseñanza y la promoción de las artes»,


Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 38-39 (2006-2007), p. 297-302.
Fonte: academiagallegabellasartes.org [data de descarga 06/03/2018]

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «La Real Academia de Bellas Artes y la recuperación y catalogación del patrimonio musical de Galicia»

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 29 (1997), p. 295-301.
Fonte: Exemplar da Biblioteca de Galicia

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Don Antonio Fernández-Cid de Temes (1916-1995)»

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 27-28 (1995-1996), p. 272.
Fonte: biblioteca do CCG

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes; LIAÑO PEDREIRA, M.ª Dolores: «El archivo musical de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario»

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 26 (1994), p. 61-70.
Fonte: biblioteca do CCG

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «La dedicación de D. Alberto Garaizabal y la vida musical coruñesa»,

Revista del Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, n.º 24 (1988).
Fonte: Fondo da Real Academia de Belas Artes Virxe do Rosario. A Coruña

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Exposición Rubinstein y España»,

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 19-20 (1987-1988), p. 155-162.
Fonte: Biblioteca do CCG

Programa do primeiro concerto no que participa Mercedes Goicoa xunto con alumnado e profesorado do conservatorio de Musica da Sociedade Filharmónica da Coruña (22/11/1938).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa-convite aos actos en torno á festividade de Santa Cecilia organizados polo Real Conservatorio de Música e Declamación de Madrid o 26 de novembro de 1946.

Os actos inclúen un concerto no que participa o alumnado premiado neste ano. A doblemente premiada Mercedes Goicoa, co Primeiro Premio de Piano e o Premio María del Carmen, interpreta obras de Lizst, Chopin e Scarlatti.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Programa do concerto-homenaxe a José Cubiles interpretado por Mercedes Goicoa no colexio Maior Giménez Cisneros (24/02/1949).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do recital de Mercedes Goicoa no Teatro Gayarre, de Pamplona (27/11/1949).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do recital de Mercedes Goicoa na Cidade Universitaria de Madrid.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Círculo Cultural Medina (06/02/1952).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Paraninfo de Filosofía e Letras de Madrid (29/05/1952).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Convite do recital de piano de Mercedes Goicoa na Asociación de Diplomados del Instituto Internacional Miguel Ángel de Madrid (21/02/1953).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Instituto Francés de Madrid (07/05/1953).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa da actuación de Mercedes Goicoa no Real Conservatorio de Música de Madrid o 1 de maio de 1955.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do concerto de Mercedes Goicoa en Valladolid (11/06/1957).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do recital de Mercedes Goicoa en Soria (16/04/1958).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do recital de Mercedes Goicoa no Círculo Cultural Narciso Yepes (08/03/1958).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do concerto de Mercedes Goicoa celebrado o 20 de xaneiro de 1959 en Lugo.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Hostal dos Reis Católicos (13/01/1959).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo en,

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 16-17-18 (1984-1985-1986), p. 107.
Fonte: Biblioteca do CCG

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: Desde o estético expresivo en el piano a la interpretación musical.

Discurso lido o 13 de decembro de 1986 por Mercedes Goicoa, RAGBA, 1987.
Fonte: exemplar da Biblioteca de Galicia

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo en,

Ritmo, v. 60, n.º 598 (1989), p. 96.
Fonte: http://prensahistorica.mcu.es/arce/es/publicaciones/

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo en,

Ritmo, v. 60, n.º 602 (1989), p. 95.
Fonte: prensahistorica.mcu.es/arce/es/publicaciones/

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo publicado en,

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 21-22 (1989-1990), p. 233-247.
Fonte: Biblioteca do CCG

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes; CATROMIL VENTUREIRA, Ramón: La mano como poder creador. Hacia una metafísica del sonido. Discurso pronunciado por Ramón Castromil Ventureira e contestado por Mercedes Goicoa Fernández,

INCIS, 1991.
Fonte: Doazón da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario

Textos de agradecemento pronunciados por Mercedes Goicoa nos actos da homenaxe que se lle tributaron con motivo da súa xubilación non Conservatorio da Coruña.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: Presentación do Catálogo de Partituras del Archivo Musical en la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario.

Mecanoscrito (1997).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: «Carta a Julio Fernández Arguelles»,

Abrente. Boletín da RAGBA, n.º 32-34 (2000-2001-2002), p. 9.
Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Obra sobre María de las Mercedes Goicoa Fernández

Portabales, Pablo: «Una obra dedicada a su profesora de piano»,

La Voz de Galicia (11/05/2017).
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga 06/03/2018]

DOPICO, Julia: «La mujer, la pianista y la académica».

Entrevista publicada en Galicia Dixital (18/12/2014).
Fonte: galiciadigital.com/opinion/ [data de descarga 06/03/2018]

SILVOSO, Loreto: «Toda mi vida ha sonado a música».

Entrevista publicada en La Voz de Galicia (30/11/2014).
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga 06/03/2018]

MOLEZÚN, Fernando: «Mercedes Goicoa: la cultura debe estar al alcance del pueblo, no es cosa de élites».

Entrevista publicada en La Voz de Galicia (08/04/2013).
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga 07/03/2018]

PÉREZ, Víctor Pablo: «Mercedes Goicoa, energía y sensibilidad»,

El País (21/04/2012).
Fonte: elpais.com [data de descarga 07/03/2018]

MARTÍNEZ, Anxos: «Entrevista a Mercedes Goicoa. Presidenta de la Real Academia de Bellas Artes»,

Faro de Vigo (28/01/2012).
Fonte: farodevigo.es [data de descarga: 06/06/2018]

«GOICOA, Mercedes».

En MARCO, Aurora: Dicionario de mulleres galegas, Xunta de Galicia, 2007, p. 188-189.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG

«La pianista Mercedes Goicoa, Presidente de la Academia Gallega de Bellas Artes»,

Mundo clásico (28/04/2003).
Fonte: mundo clásico.com [data de descarga 07/03/2018]

«GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes»,

Gran Enciclopedia Gallega, El Progreso-Diario de Pontevedra, 2003, p. 150-151.
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG

GOICOA, Mercedes: «Homenaje a Alberto Garaizábal»,

La Voz de Galicia (18/12/1993).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Seral da USC

PÉREZ MONTES, Ezequiel: «Mercedes Goycoa»

la gran dama de la música», entrevista publicada en El Ideal Gallego (07/11/1993).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

«El piano es el instrumento rey»,

entrevista a Mercedes Goicoa en La Voz de Galicia (06/11/1993).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

SUAREZ CASTAÑO, Isabel: «Mercedes Goicoa: Me horrorizaría ser una vieja triste».

Entrevista a Mercedes Goicoa publicada en La Voz de Galicia (10/05/1992).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

GOICOA, Mercedes: «Un tratado armónico sobre el saxo»,

La Voz de Galicia (21/11/1991).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «La historia de dos instrumentos virtuosos: la flauta y el violín»,

La Voz de Galicia (21/03/1991).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «Camino musical, un libro que pretende despertar la sensibilidad auditiva»,

La Voz de Galicia (05/06/1990).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «El piano inaugura una colección sobre instrumentos musicales»,

La Voz de Galicia (29/04/1990).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «La editorial Labor reedita La melodía de Hernst Toch»,

La Voz de Galicia (27/08/1989).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «Sobre la creación del Archivo Musical de Galicia»,

La Voz de Galicia (15/03/1989).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «La historia del piano y la dirección de orquesta, dos valiosas novedades editoriales»,

La Voz de Galicia (12/02/1989).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

GOICOA, Mercedes: «La educación musical no consiste en aprender solfeo, sino en educar el oído y el espíritu»,

La Voz de Galicia (05/05/1988).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

«La exposición itinerante Rubinstein y España será inaugurada el viernes en La Coruña»,

El Ideal Gallego (02/09/1987).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

«La Coruña recibe en septiembre la muestra itinerante en homenaje a Rubinstein»,

La Voz de Galicia (27/08/1987).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

«Nuevo y magnífico triunfo de la pianista Mercedes Goicoa».

Transcrición da nova de DAG, publicada no xornal Campo Soriano (abril 1958).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Libro de autógrafos, de Mercedes Goicoa.

Entre os anos 1946 e 1950, Mercedes Goicoa recolleu firmas e dedicatorias no seu Libro de autógrafos. Este conta con sinaturas de: José Cubiles, Pilar Castillo, Luís Galve, Juán Ruíz Casaux, Enrique Iniesta, Luís Antón, Ataulfo Argente, Chano Gonzalo, Enrique de la Vara, Heintz Unger, Padre Narciso Otaño, Julius Kachen, Alberto Garaizabal, Enrique Aroca, José Iturbi, Pedro Meroño, e Narciso Yepes.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Comentarios críticos de Benito Cea de Samaniego á actuación de Mercedes Goicoa no Cine Ideal de Soria, nun concerto organizado pola Asociación de Soria Olemda-Yepes (17/04/1958).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Virtuosa.

Poema dedicado a Mercedes Goicoa da súa alumna María Dolores Mosquera de Cerqueiro. Lido pola autora nos actos de homenaxe pola xubilación da mestra no Conservatorio da Coruña (06/11/1993).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

FRAGA, José Manuel: Homenaje a Mercedes Goicoa.

Discurso lido polo autor, alumno de Mercedes Goicoa, nos actos de homenaxe pola súa xubilación no Conservatorio da Coruña (06/11/1993).

Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

FERNANDEZ ARGÜELLES, Julio A.: Presentación pública del libro del Archivo Musical de Galicia, patrocinado por Caixa Galicia (24/10/1997).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Materiais da exposición Elas Ensinan.

Tríptico e reprodución do panel dedicado a Mercedes Goicoa (2010-2011).Servizo Galego de Igualdade.
Fonte: igualdade.xunta.gal/es/exposiciones/ [data de descarga 03/07/2018]

María de las Mercedes Goicoa Fernández.

Breve nota biográfica da pianista no web da RAGBA [data de publicación descoñecida].
Fonte: academiagallegabellasartes.org/ [data de descarga 06/03/2018]

LAGO, Gloria: «Mercedes Goicoa: por amor á arte»,

Vosotros, n.3, Galicia bilingüe, p. 8-11[data de publicación descoñecida].
Fonte: galiciabilingue.es/vosotros/ [data de descarga 06/03/2018]

Novas de prensa do concerto no que debuta a pianista Mercedes Goicoa á idade de nove anos (1938).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Escaleta do programa El aplauso de la semana, emitido desde Copacabana na década de 1940.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Catro escaletas do programa semanal La música,

de Radio Nacional de España; dirixido polo comentador musical Antonio Fernández Cid de Temes, contou, na década de 1940, coa participación de Mercedes Goicoa no espazo «Páxina de intérpretes».
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Artigo de García Puebla sobre Mercedes Goicoa (24/07/1945).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Unha entrevista de Luís Caparrós, unha nova de José María Franco, e unha nota de Hoja del Lunes de Pamplona teñen como protagonista a Mercedes Goicoa (1949).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Dúas novas de prensa en col do Premio de Virtuosismo obtido por Mercedes Goicoa (1948).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Texto do crítico musical de Radio Nacional de Pamplona Miguel Echeveste sobre o recital de piano de Mercedes Goicoa no teatro Aguirre de Pamplona o 27 de novembro de 1949.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Crónica musical de Dolores Palá Berdejo no diario Pueblo.

Inclúe unha interesante crítica sobre Mercedes Goicoa (27/01/1953).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Entrevista a Mercedes Goicoa publicada en El Ideal Gallego (1953).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Entrevista de F. Artacho a Mercedes Goicoa publicada nun xornal de Valladolid (11/06/1957)
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Novas de prensa sobre Mercedes Goicoa. Asinadas por Fintano, F. Artacho, H. García Sánchez, Publio, Narciso García Sánchez... (1957).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Novas de prensa sobre dous concertos de Mercedes Goicoa (1958).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Manuscritos nos que Honoria Goicoa recolle a presenza de Mercedes Goicoa na prensa na década de 1950.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Entrevistas e novas de prensa publicadas en 1959 e que teñen a Mercedes Goicoa como protagonista.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Algunos juicios críticos sobre Mercedes de Goicoa.

Documento mecanoscrito elaborado a partir dos manuscritos de Honoria Goicoa sobre a presenza da súa sobriña Mercedes Goicoa na prensa. Recolle novas publicadas nos diarios Ya, ABC, Madrid, Arriba de Madrid, Arriba España, Lunes de Pamplona, Diario de Navarra, Diario Regional de Madrid, El Norte de Castilla, La libertad, e Le Figaro (décadas de 1940 e 1950).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Artigo crítico de Alfonso de Gabriel, e a súa transcrición, en col da actuación de Mercedes Goicoa na Televisión Española.
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa
Nova do enlace matrimonial de Mercedes Goicoa con Juan Carlos Ruíz Dana y Giménez,

publicada en El Ideal Gallego (27/11/1960).
Fonte: Arquivo de Mercedes Goicoa

Nova sobre o ingreso de Mercedes Goicoa na RAGBA. Publicada en La Voz de Galicia (14/12/1986).
Fonte: Hemeroteca da Biblioteca Xeral da USC

Ligazóns de interese

María de las Mercedes Goicoa Fernández na wikipedia
[última consulta: 13/12/2023]
O fío de Penélope. O novelo de Mercedes Goicoa

Xulia Feixoó fai unha achega a Mercedes Goicoa e os seus vínculos e relacións no portal do CCG

[última consulta: 13/01/2023]
María de las Mercedes Goicoa Fernández en Dialnet
[última consulta 13/12/2023]
Créditos da cartografía de María de las Mercedes Goicoa Fernández
COORDINACIÓN
Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega

DOCUMENTACIÓN
Mercedes Goicoa
Isabel Castro Bermúdez
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales

TEXTOS
María Xosé Porteiro
Alba María Rodríguez Díaz
Mariám Mariño Costales

DESEÑO
Miguel Alonso Fachado

REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Laura Piñeiro Pais
Begoña Tajes Marcote

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai García
Susana Guitar Novo

TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quintero
Mariám Mariño Costales

Colaboracións e agradecementos
PERSOAS
Mercedes Goicoa Fernández
Maximino Zumalave
Isabel Castro Bermúdez
Miguel Ruiz Dana Goicoa
Juán Ruiz Dana Goicoa
Raul López Naya (RAGBA)
Lucía Patiño Ponte (RAGBA)

INSTITUCIÓNS
Arquivo Sonoro de Galicia
Biblioteca de Galicia
Fundación Mondariz Balneario
Hemeroteca da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela
INCIS
Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses
Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (RAGBA)
Servizo Galego de Igualdade

XORNAIS
Faro de Vigo
El Ideal Gallego
El País
La Voz de Galicia

REVISTAS E BOLETÍNS
Abrente. Boletín da RAGBA
Galicia Dixital
Mundo clásico
Revista do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses
Ritmo. Revista de música Clásica

REPOSITORIOS
Dialnet