Nieves Fernández Vidueira
Fornelos de Cova, 1962 -DATA: 18/10/2021
Nieves Fernández Vidueira nace nos últimos días do inverno de 1962 en Fornelos de Cova (Viana do Bolo). Enseguida a van trasladar a Quintela do Pando, á casa labrega da súa avoa materna, quen se fará cargo da súa crianza e se converterá nunha figura central na vida da nosa protagonista. Transmítelle unha manchea de coñecementos vinculados ao coidado da natureza, o agro ou a vivencia da cultura local, que ela atesourará con grande agarimo.
Con 16 anos, Nieves vese na obriga de ir servir a Madrid. Coñece, en propia carne a, para ela, desagradable experiencia da emigración. Chega o tempo do seu ansiado retorno a Quintela apenas un ano despois de casar con Francisco Fernández Crespo “Quico”. Ambos regresan coa firme decisión de permanecer na aldea onde se criaron. Para isto pronto trazan un camiño destinado a dar corpo a unha explotación agrogandeira, que cos anos se irá convertendo no modelo de sustentabilidade que hoxe é.
Ao longo dos anos, Nieves asume o importante reto de acrecentar e modernizar a súa explotación. Realiza importantes investimentos na terra, na maquinaria e nas instalacións. A través de coidadosas seleccións, conformou un rabaño que na actualidade se compón dunha única raza, a da ovella galega. Apostou, ademais, pola formación continua e pola participación en numerosas actividades vinculadas coa novas necesidades e avances nas diferentes áreas relacionadas coa explotación en ecolóxico. Nunca deixou de se implicar na recuperación da súa contorna, poñendo en valor o coñecemento das variedades e os usos de plantas, arbustos, árbores e flores.
Hoxe en día (2021) Nieves é unha pastora comprometida co desenvolvemento dun modelo de gandaría respectuoso co ambiente, co contorno e co benestar animal. Cuestións estas que a levan a se implicar en diferentes organizacións activas na mellora do rural, nun compromiso constante co activismo social. Ademais, xunto con outras mulleres da súa contorna, participou na posta en marcha da Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo.
Nieves presenta tamén, desde ben nena, destacados dotes artísticos. A súa destreza na talla de madeira, dirixida en primeiro termo á construción de xoguetes para as súas crianzas, converterase co tempo nun xeito de expresión fundamental na súa forma de vida. Cos anos vai explorar tamén os camiños da escrita e mais da fotografía dixital, da publicación de libros, da participación en exposicións e tamén da xestión diaria do seu propio facebook, a “xanela aberta ao mundo por onde saíron as bolboretas do meu maxín”.
O tempo de entroido, os seus personaxes e os sons do folión característicos dese tempo “de maxia” deixan unha fonda pegada na Nieves que dende nena participa activamente na celebración e cos anos vana levar a concentrar esforzos na súa recuperación. Así, na década dos 90 do século XX, dá renda solta á súa creatividade empregando elementos da natureza na elaboración de disfraces que obteñen importantes premios; elabora tamén caretas e pantallas e, xunto coa súa familia, carrozas para o desfile de Viana. A partir de 2010 irán un paso máis alá e implícanse activamente na recuperación do “Fulión”, que situou a Quintela do Pando como un dos principais lugares do “Entrudio” vianés.
Como citar: [Nieves Fernández Vidueira. Recuperado o 05/12/2023 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=28288 DOI: 10.17075/adc.28288]
Obra de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “Nas entrañas dos morrillos” (14/09/2020), Lúa Nova. Revista galega de cultura. ACG Rosalía de Castro. Cornellá-Barcelona, n.60 (xaneiro 2021), p. 35.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “A voz da malicia” (parodia), Lúa Nova. Revista galega de cultura. ACG Rosalía de Castro. Cornellá-Barcelona, n.59 (xaneiro 2020), p. 41.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: Foliada: Quintela do Pando 2016 [manuscrito], 2016.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Iván: “As lendas do castiñeiro da entrada”, A nosa bisbarra, n. 22 (verán 2012), p. 74-75.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “O santo Mocardo. A maxia dunha lenda”, A nosa bisbarra (verán 2011), n. 21, p. 37-39.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Iván: “Ecoloxístas e medio ambiente están levando á ruína aos gandeiros”, A nosa bisbarra), n. 20 (verán 2010), p. 16-17.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “Albores que non se esquecen”, Autóctonas galegas. A revista das razas autóctonas gandeiras galegas, n.4 (inverno 2009), p.4-7.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “Dúas vidas iguales, pero diferentes”, A nosa bisbarra (verán 2009), n. 19, p. 13-15
Fonte: arquivo de Nieves
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “Son pastora”, A nosa bisbarra, n. 18 (verán 2008), p.23.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “Vivir en Quintela que bonito é”, A nosa bisbarra, n. 17 (verán 2007), p. 18-19
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: “Bailar pegados”, peza presentada na exposición Ourense por dignidade, A MESA, 1996, p. 48.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
FERNÁNDEZ VIDUEIRA, Nieves: Contos [autoedición]
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
Obra sobre Nieves Fernández Vidueira
DOALLO, María: “escribir é descargar a alma”, La Voz de Galicia (25/04/2019).
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga: 10/12/2020]
CRUZ, JoseM.: “El bosque vianés hecho traje”, La Región(19/03/2019).
Fonte: laregion.es [data de descarga 11/12/2020]
PRIETO, Susana: Viana: “Un desfile muy ‘Douche a Galbana’”, valdeorrasdecerca.com (04/03/2019).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Nieves Fernández Vidueira, criadora de ovella galega”. Entrevista en Autóctonas galegas. A revista das razas autóctonas gandeiras galegas, n.10 (inverno 2017), p. 4-7.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
ARES PÉREZ, Carlos X.: “Nieves Fernández Vidueira”. En ARES PÉREZ, Carlos X.: Ilustres, autoedición, 2013.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
COBAS, María: “Una mujer empeñada en recuperar la oveja gallega que ya tiene 270”, La Voz de Galicia (26/09/2010).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Un galardón reconoce una pastora de Viana”, La Región (28/06/2010).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
NOVOA, Ruth: “La pastora que hacía juguetes de madera para sus hijos”, La Voz de Galicia (22/06/2010).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
SALGADO, Jesús: “Premio del ministerio de medio ambiente, medio rural y marino. Premiada: Nieves Fernández Vidueira”, A nosa Bisbarra, n. 20 (verán 2010), p. 15.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
21 mulleres galegas, 21 historias cotiás, Fundación iniciativas 21, 2006.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Una pastora de Viana crea su propio museo”, La Región (19/06/2000).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Una pastora de Viana hizo 300 esculturas en solo cinco años”, La Región (19/06/2000).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
CELIA: “Quintela de Pando e…María das Neves”, A nosa Bisbarra, n. 8 (verán 1998), p. 10-11.
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Homenaxe a unha artista vianesa”, La Voz de Galicia (10/06/1996).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Gente de aquí. Nieves Fernández Vidueira”, La Voz de Galicia (26/05/1996).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Hoy se inaugura en Viana una muestra de máscaras”, La Voz de Galicia (21/05/1996).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Nieves Fernández. Escultora por amor a arte”, La Región (13/08/1993).
Fonte. Arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Tallas de Nieves Fernández Vidueira”, La Región (13/08/1993).
Fonte. Arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Pastoreo y arte en Quintela”, La Voz de Galicia (12/06/1993).
Fonte. Arquivo de Nieves Fernández Vidueira
“Quintela do Pando e Neves”, La Región (11/06/1993).
Fonte: arquivo de Nieves Fernández Vidueira
Créditos da cartografía de Nieves Fernández Vidueira
COORDINACIÓNCentro de documentación en Igualdade e feminismos (CDIF)
DOCUMENTACIÓN
Nieves Fernández Vidueira
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales
TEXTOS
Rosa Arcos Caamaño
Luzia Oca González
Mariám Mariño Costales
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai García
Susana Guitar Novo
TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quintero
Mariám Mariño Costales
BASES DE DATOS
Kike Benlloch
Colaboracións e agradecementos
PERSOASNieves Fernández Vidueira
María Páez
XORNAIS
La Región
La Voz de Galicia
REVISTAS E BOLETÍNS
A nosa bisbarra
Autóctonas galegas. A revista das razas autóctonas gandeiras galegas
Lúa Nova. Revista galega de cultura
Videos
Fulión de Quintela do Pando 2015
Vídeo dedicado a Nieves Fernández Vidueira (19/05/2016)
Fulión de Quintela do Pando 2018
Nieves Fernández Vidueira no proxecto AFINET, USC (18/11/2019)
“Xa chegou o maio”. Poema de Nieves Vidueira con música e vídeo de Alfredo González Vilela (12/05/2020)
“Abreotas”. Poema de Nieves Vidueira con música e vídeo de Alfredo González Vilela (13/05/2020)
Lisi Novas Domínguez le Retrincos do meu ser, de Nieves Fernández Vidueira (20/04/2020)
Nieves Fernández Vidueira en Arrieros somos (26/02/2021)
Rabaño de Nieves Fernández Vidueira co encoro ao fondo.
Realizado por Nieves Fernández Vidueira
Pantallas elaboradas por Nieves Fernández Vidueira
Añada do rabaño de Nieves Fernández Vidueira (2021)