Primeiras solicitudes de permisos ás autoridades franquistas | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Primeiras solicitudes de permisos ás autoridades franquistas

19/03/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
O Patronato da Cultura Galega de Montevideo comeza as xestións para a realización da homenaxe a Castelao en Rianxo nunha data tan serodia como 1973. Neste caso solicitan a Alfredo Sánchez Bella, ministro de Información e Turismo, a súa autorización para realizar unha homenaxe a Castelao no seu concello natal de Rianxo. Refiren que xa anteriormente solicitaran a mesma ao concello de Rianxo pero que non tiveron resposta. Lembran que xa o 24 de agosto de 1972 na vila de Noia e en presenza do ministro da Gobernación xa tivo lugar unha homenaxe a Castelao e que incluso se fixo un selo para conmemorar o feito. Diversas asociacións culturais de emigrantes e persoeiros da cultura apoian esta iniciativa de homenaxear ao insigne escritor e artista.

Tipo de material
Documento. Epístola
Data
19/03/1973
Ficha descritiva
Carta mecanografada, con dúas sinaturas autógrafas: de Manuel M. Martínez, presidente do Patronato da Cultura Galega de Montevideo e de Fernando Pereira, secretario. Folio coa cabeceira do Patronato. Remitente: Manuel M. Martínez, presidente. Destinatario: Sr. Ministro de Información y Turismo, Alfredo Sánchez Bella. Data: 19 de marzo de 1973. Lugar: Montevideo. 1 páxina. Castelán.
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega.