Resposta do Ministro de Información e Turismo | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Resposta do Ministro de Información e Turismo

19/04/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Alfredo Sánchez Bella responde á carta a penas un mes despois e nun ton amigable. Aínda que recoñece os méritos de Castelao para recibir unha homenaxe coa que el considera non debería haber problema, informa que o seu ministerio non se ocupa destes temas e que mellor se poñan en contacto co Ministerio de Gobernación.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
19/04/1973
Ficha descritiva
Carta mecanografada, asinada. Está certificada. Folio coa cabeceira de “El Ministro de Información y Turismo”. Remitente: Alfredo Sánchez Bella, Ministro de Información y Turismo, Madrid. Destinatario: Manuel M. Martínez, presidente do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Data: 19 de abril de 1973. Lugar: Madrid. 1 páxina. Castelán.