Agustín Sixto Secto, presidente da comisión organizadora da Homenaxe, anuncia que haberá representantes da devandita para recibir o busto que será levado á casa de Castelao en Rianxo ata a celebración do acto o 27 de setembro. A prensa está informada e contan con que darán publicidade ao feito. Aínda que hai moitas presións para que o acto non teña lugar conta con que as autoridades o autoricen e non haxa problemas. Supono informado de todo por Xosé Mª. Monterroso. Solicita os textos dos discursos que se van facer no acto.


