Carta ao gobernador civil especificando o programa do acto | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Carta ao gobernador civil especificando o programa do acto

11/09/1975
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Carta oficial enviada ao Gobernador civil por Agustín Sixto Seco no que se especifican todos os actos organizados para a homenaxe, tal como lle pedían na anterior misiva. Indica a data na que se celebraría, o 27 de setembro de 1975, sábado, ás 6 da tarde e as persoas que falarán: un representante do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, como doador do busto; o presidente do Centro Gallego de Bos Aires, como presidente da Federación Mundial de las Sociedades Gallegas e o Prof. D. Ramón Otero Pedrayo «como verdadero Patriarca de nuestras Letras y amigo personal de Castelao». Pecharán o acto a Coral Cantigas e Agarimos que interpretará o himno galego.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
11/09/1975
Ficha descritiva
Carta mecanografada, sen asinar. Remitente: Agustín Sixto Seco, presidente do Patronato Rosalía de Castro e da Comisión organizadora do Homenaxe a Castelao. Destinatario: Miguel Vaquer Salort, gobernador civil de A Coruña. Data: 11 de setembro de 1975. 1 páxina. Castelán.
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega.