Material
O Delegado do Patronato da Cultura Galega en Galicia explica o panorama político do nacionalismo/galeguismo do interior
Detalle
Nesta carta Xosé Mª. Monterroso Devesa, delegado na Coruña do Patronato da Cultura Galega de Montevideo e secretario da Comisión Organizadora da Homaxe a Castelao, destaca o panorama político nese momento e a posición das numerosas vertentes dentro do nacionalismo/galeguismo. Destaca o labor a prol de Galicia e da súa cultura de Fernando Pereira e do Patronato pero ás veces a visión das cousas difire estando en Galicia ou en América. Menciona as persoas que aceptaron formar parte da Comisión organizadora da Homenaxe: Victoria Armesto, Ramón Baltar, Celso Emilio Ferreiro, Basilio Losada, Celestino F. De la Vega, Siro López (xoven debuxante), P. Xaime Seixas, Alfonso Zulueta, Camilo José Cela, Eduardo Blanco-Amor, e representantes de varias asociacións. Pola contra Domingo García-Sabell e Ramón Piñeiro rexeitaron formar parte dela «pretestando unha peligrosa apropiación oficial da imaxe de Castelao». El considera que se pasan de «puristas».El pensa tamén en presentar a súa dimisión porque considera que non pode facer o suficiente pero déixao a súa consideración.


