Ramón Piñeiro rexeita participar na Homenaxe | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Ramón Piñeiro rexeita participar na Homenaxe

16/12/1974
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Ramón Piñeiro non acepta ser membro da Comisión organizadora: «(...) ese ofrecemento resúltame moi honroso, mais aínda tratándose dunha homenaxe a Castelao, de quen tiven a sorte de ser amigo persoal (...) máis, coa mesma sinceridade, quero tamén decirlle que a miña adhesión íntima ao que Castelao simboliza ímpideme participar nun acto que, inevitablemente, terá implicacións que Castelao refugaría. Porque en vida del fomos amigos e porque en vida e en morte compartimos o mesmo ideal, síntome moralmente obrigado a ser fiel a súa memoria da maneira que considero máis verdadeira».

Outras figuras e entidades asociativas galegas rexeitaron tamén participar na homenaxe.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
16/12/1974
Ficha descritiva
Carta mecanografada, con sinatura autógrafa. Folio coa cabeceira “Ramón Piñeiro López. Gelmírez 15-4º. Santiago de Compostela”. Remitente: Ramón Piñeiro López, escritor, intelectual e director de Galaxia. Destinatario: Xosé Mª. Monterroso Devesa, secretario da Comisión organizadora da Homenaxe a Castelao. Data: 16 de decembro de 1974. Lugar: Santiago de Compostela. 1 páxina. Galego.