Discursos do acto / Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Documento

Material

Discursos do acto

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Era preceptiva a entrega dos discursos ao goberno civil antes da súa lectura pública. Deste xeito conservamos os discursos pronunciados ese día, e que foron realizados por Martín Gómez, alcalde accidental de Rianxo, Juan Manuel Pérez, presidente do Centro Galego de Bos Aires, o intelectual e escritor Ramón Otero Pedrayo, Fernando Pereira, secretario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo e Agustín Sixto Seco, presidente da Comisión organizadora da "Homaxe" a Castelao.
Metadatos
  • Tipo de material: Documento
  • Ficha descriptiva:
    Conxunto integrado polos seguintes documentos -Texto mecanografado con notas e corrección manuscritas, escrito nun folio oficial da Comisión organizadora do Homenaxe a Castelao (cabeceira). O discurso foi impartido polo alcalde accidental de Rianxo, Martín Gómez Rodríguez. 1 páxina. Galego. -Texto mecanografado con algunhas notas posteriores manuscritas. O discurso foi impartido polo presidente do Centro Galego de Bos Aires, Juan Manuel Pérez. Nota manuscrita: traducido por Xosé Devesa, 18-9-75. 5 páxinas. Galego. -Texto mecanografado con notas e corrección manuscritas, escrito en folios coa cabeceira da Comisión organizadora do Homenaxe a Castelao. A conferencia foi disertada polo profesor e intelectual, ademais de amigo persoal de Castelao, D. Ramón Otero Pedrayo. 6 páxinas. Galego. -Texto mecanografado escrito nun folio coa cabeceira da Comisión organizadora do Homenaxe a Castelao. O discurso do Patronato da Cultura Galega foi impartido por Fernando Pereira, secretario da entidade e un dos seus representantes no acto, xunto con Xesús Canabal, Antón Crestar e Iolanda Díaz. 1 páxina. Galego. -Texto mecanografado con algunhas notas posteriores manuscritas. O discurso foi impartido polo presidente da Comisión organizadora da Homaxe a Castelao e do Patronato Rosalía de Castro, Dr. Agustín Sixto Seco. 2 páxinas. Galego.