Agradece a carta anterior e relata o que para el foi o acto de homenaxe «aquelo foi un verdadeiro mitin galeguista» pese a todos atrancos superados e a opinións contrarias a celebrar o acto. Como escribe na carta «Ao fin consigueuse todo: púxose o Busto; cubreuse UNICAMENTE coa bandeira galega; falouse UNICAMENTE en galego; cantouse UNICAMENTE o Himno galego [...]» e destaca o traballo e dedicación de Xosé Mª Monterroso.


