A hostalaría foi unha das saídas laborais máis socorridas dos emigrantes galegos nos países americanos. O seu lugar de traballo constituía o espazo de entretemento e diversión preferido de moitos paisanos. Primeiro negocio aberto polo emigrante galego Manuel Vicos Lodeiro, na rúa bonaerense 25 de Mayo. No fondo da imaxe aparece Manuel e o seu cuñado amosando a colección de licores do seu establecemento.


