Dous emigrantes naturais de Amoeiro: Santos Reza (coa guitarra) e Ramón Pulido (co acordeón), Bos Aires, ca. 1950
Detalle
A música convértese na emigración nun modo de lembranza dos sons propios de Galicia e unha vía de escape á vida de traballo e aforro. Os emigrantes que sabían tocar un instrumento convertíanse en protagonistas de moitas festas e veladas de ocio dos seus paisanos.
Metadatos
Data: 00/00/1950
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Raúl Soutelo Vázquez