Galegos en Brooklyn, reunión da familia Canales Rodríguez, Nova York, 1954
Detalle
Antonio Rodríguez Pena, natural de Miño, foi o pioneiro no periplo migratorio deste grupo familiar, sendo Cuba o seu primeiro destino. Despois dun tempo na illa, regresa a Galicia, onde casa con Josefina Lagoa, natural de Fontán (Sada). Teñen dúas fillas, Antonia e Josefina. Máis tarde Antonio decide retomar o rumbo a América coa súa familia, pero esta vez cara a terras estadounidenses, concretamente ao distrito de Brooklyn, un dos máis poboados dos Estados Unidos.
Metadatos
Data: 00/00/1954
Tipo de material: Imaxe. Fotografía
Notas:
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Pilar Cagiao Vila