Un dos lugares máis solemnes de Cuba é o Mausoleo do líder mambí Antonio Maceo, no predio El Cacahual. Nesta imaxe, Xesús Porteiro Fernández (no centro do grupo), natural de Pol, amosa un agradable sorriso xunto á súa dona, a asturiana Ramona García Rodríguez, e a súa pequena filla María Xosé. Aparecen co resto de familiares nunha das poucas xornadas de lecer das que gozaban os emigrantes, sempre centrados no seu mundo, o seu traballo.


