Materiais

Fillos de emigrantes galegos no Colexio Español Federico García Lorca. París, ca. 1971

Francia foi un dos principais focos de atracción de emigrantes galegos a Europa. Ao contrario doutras zonas de España, Galicia non tivo unha notable participación na emigración de temporada a este país, máis ben foi unha emigración permanente. Aínda que a emigración asistida a países europeos foi maioritariamente masculina, existiu un notable continxente de mulleres que nutriu igualmente a cantidade de man de obra inmigrante e que chegaba ao país non sempre pola vía regular de contratación. Moitas parellas de emigrantes, aínda sendo veciños do mesmo concello, coñecíanse no país de acollida e formaban alí unha familia. Nesta imaxe vemos un grupo de alumnos descendentes de emigrantes españois. Josefa Villamor, natural de Silleda, residiu co seu home e os dous fillos en París.

  • Data: 00/00/1971
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Especial:
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Josefina Villamor
  • Localizacións:
    : Francia;
Compartir:
Image 1