Materiais

Casamento de emigrantes galegos celebrado en Xenebra, 6 de maio de 1960

Amalia, natural da Bouza (Ourense), comenta que proviña dunha familia numerosa humilde, eran sete irmás e ela era a segunda máis nova. Aos trece anos marcha cos seus padriños á parroquia de Cartelle. A súa irmá Alicia emigrou primeiro a Venezuela pero, como non tivo boa experiencia, desaconselloulle ese destino a Amalia, quen finalmente marchou a Suíza, coa viaxe pagada por seu pai. Alí esperábana un curmán e unha veciña. Chegou ao país en condicións de turista, sen contrato laboral. Comezou a traballar en casas particulares ata que finalmente atopou un traballo mellor no Hospital Cantonal, que era un centro xeriátrico. Casou en Xenebra o 6 de maio de 1961. Unha das razóns do retorno de Amalia co seu home foi o feito de que non querían que os seus fillos estivesen sempre ao coidado dos seus avós. Esta característica era moi común no caso da emigración galega a Europa, os fillos quedaban en Galicia mentres os pais aforraban todo o que podían para apurar a volta ao lugar de orixe. Unha vez retornados montaron unha carnizaría para continuar coa súa vida en Galicia.

  • Data: 06/05/1960
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Especial:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Amalia Feijóo Ballesteros
  • Localizacións:
    destino: Suíza;
Compartir:
Image 1