Excursión de domingo en boa compañía, Inglaterra, ca. 1969 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Excursión de domingo en boa compañía, Inglaterra, ca. 1969

00/00/1969
Mario Vázquez Lamazares, natural de Faílde (Rodeiro), emigrou primeiro a Alemaña, onde traballou nunha mina de carbón durante nove meses. Logo de permanecer un tempo na casa, decidiu volver emigrar, esta vez cara a Inglaterra. Neste último destino permaneceu máis tempo (1968-1973). Chegou coa súa dona, María Elena Diéguez. O lugar de residencia foi Trowbridge e traballaron en tres fábricas. A primeira delas era un matadoiro de polos; a segunda, unha fábrica téxtil, e a última, unha fábrica de salchichas. O motivo do retorno definitivo foi a grave enfermidade da nai de Mario e simultaneamente o embarazo avanzado da súa dona. Ambos lembran a súa experiencia migratoria con moito agrado.
Nesta imaxe podemos ver a Mario coa súa gravata sentado no banco dun barco xunto a un amigo de Ferrol nun día de lecer.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1969
Localizacións
destino: Reino Unido
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Mario Vázquez Lamazares