Integrantes do Comité de Damas da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, correspondente ao ano 1944 | Imaxe. | Consello da Cultura Galega
Imaxe.

Integrantes do Comité de Damas da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, correspondente ao ano 1944

00/00/1944
No voceiro social da entidade, La Vida Gallega en Cuba, publicábase en todos os números a fotografía dos membros dos comités de damas. Estaban integrados polas socias máis relevantes, moitas delas eran esposas, viúvas ou fillas dos directivos. Elas encargábanse de organizar actividades festivas e recreativas para a recadación de fondos e poder levar a cabo as diversas axudas aos máis necesitados ou para o mantemento do panteón social. Daban ademais prestixio á entidade participando en numerosos actos recreativos e filantrópicas da colectividade.
Tipo de material
Imaxe.
Data
00/00/1944
Localizacións
: A Habana, Cuba
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega