Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo son / Imaxe./ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica

Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo son

Image 1
Detalle
As propiedades beneficiosas das augas do manancial de Cabreiroá eran ben coñecidas polos veciños da zona desde finais do século XIX. O manancial e os terreos circundantes, necesarios para construír as instalacións do balneario, foron mercados por José García Barbón en 1904, quen obtivo a certificación científica das propiedades beneficiosas das súas augas. Estas foron declaradas como augas mineromedicinais polo doutor Santiago Ramón y Cajal e tiveron unha cualificación moi positiva do Charing Cross Hospital. En 1906, unha vez declaradas augas de utilidade pública, créase a planta de envasado e, un ano despois, inícianse as obras de construción do Hotel Balneario de Cabreiroá, que se converte nun referente europeo. Na imaxe vemos un grupo de persoas que gozan da música diante da buvette ou tamén coñecida como pavillón de augas. O balneario non era só un centro para mellorar a saúde dos seus visitantes, senón tamén un espazo de ocio e diversión no que a burguesía socializaba e facía reunións para realizar acordos de negocio. O Hotel Balneario de Cabreiroá funcionou con grande éxito ata 1936.

Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe.
  • Etiquetas:
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega