«Vota PSOE» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Novo futuro, novos partidos

Material

Novo futuro, novos partidos

«Vota PSOE»

Image 1
Detalle
Cartel de propaganda do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) para as eleccións de 1982. Unha imaxe de paz e de abundancia anuncia a vontade deste partido, que apostaba por unha mensaxe positiva de continuidade da ilusión de cimentar a democracia. O PSOE, desligado xa da súa tradición histórica marxista e republicana, aspiraba a converterse no novo partido de Estado. Novas xeracións, novas ideas, novos líderes de opinión. Isto víase completado coa súa vocación europeísta, vencellado como estaba ás novas tendencias da socialdemocracia encarnada polo Partido Socialdemócrata alemán e a nova Internacional Socialista.
Descrición
Imaxe presidida por un puño cunha rosa. No fondo un sol que amanece sobre unha pradeira verde.
Metadatos
  • Coleccións:
  • Data: 00/00/1982
  • Tipo de material: Imaxe. Cartel
  • Medidas: 67,00x95,00
  • Ficha descriptiva:
    Cartaz
  • Localización física:
    SOLT-CART1-81
  • Notas:
    José Ramón Sánchez-autoría.
  • Entidades:
    Edición:Partido Socialista Obrero Español