«Dios, patria, justicia» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Dios, patria, justicia»

00/00/1978
Cartel da campaña de afiliación á agrupación política Fuerza Nueva, liderada por Blas Piñar. O partido representaba as aspiracións dos sectores máis inmobilistas e ideoloxizados da ditadura e procuraba adaptar os novos tempos á tradición falanxista e de ultradereita española. Como forza allea ao novo sistema, utilizábao para a difusión do seu ideario e participou nas eleccións democráticas para deter o proceso reformista que se estaba a levar adiante no país. Cun amplo tecido por boa parte das cidades españolas, o seu programa viña marcado polo integrismo relixioso, o nacionalcatolicismo e o antisocialismo. A pesar de protagonizar sonoras mobilizacións e demostracións de forza nas rúas, de xeito paulatino os seus resultados electorais convertéronse en testemuñais, ata disolverse no ano 1982. A ilusión polo novo futuro venceu ao retorno do pasado da ditadura.
Descrición Campaña de afiliación Fuerza Nueva con bandeira de españa.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1978
Medidas
34x24
Entidades
Edición: Fuerza Nueva
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART1-132