«¡estatuto dos 16 xa!» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A construción dun Estatuto

Material

A construción dun Estatuto

«¡estatuto dos 16 xa!»

Image 1
Detalle
Cartel do Partido de los Trabajadores de España (PTE-ORT) en defensa do proxecto orixinal para o Estatuto de autonomía. O artellamento da Comunidade Autónoma de Galicia foi realizado pola vía rápida constitucional, á que podían acceder os “territorios que en el pasado hubiesen plebiscitado afirmativamente proyectos de Estatuto de autonomía”, como era o caso do Estatuto galego de 1936. A tramitación do Estatuto estivo marcada pola polémica, dados os diversos recortes no autogoberno negociados entre a UCD e o PSOE, que cambiaron o texto orixinal, alcumado Estatuto dos 16, polo actual estatuto, que unha parte do espectro político chamou Estatuto da aldraxe.
Descrición
Dúas caras. Apoio ao estatuto dos 16.No reverso convocatoria dunha "festa popular galega", A Coruña, Parque Santa Margarita, dia 24, 12:00. En letra branca sobre fondo azul. O debuxo dunha cara dun home con barba ocupa a maior parte de ambas caras do cartaz
Metadatos
  • Coleccións:
  • Data: 00/00/1979
  • Tipo de material: Imaxe. Cartel
  • Medidas: 54x40
  • Ficha descriptiva:
    Cartaz
  • Localización física:
    SOLT-CART2-1
  • Notas:
    c.1979
  • Entidades:
    Edición:Partido de los Trabajadores de España-organización Revolucionaria de los Trabajadores