«Vota USG-PSOE(h)» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Novo futuro, novos partidos

Material

Novo futuro, novos partidos

«Vota USG-PSOE(h)»

Image 1
Detalle
Cartel de propaganda electoral da candidatura USG-PSOE(H) para as eleccións autonómicas de 1981, co lema "Galicia: sabemos que ti podes ser outra cousa". O debate entre os sectores políticos do exilio, vencellados á legalidade da II República, e os socialistas procedentes do interior deu lugar a unha primeira escisión entre o PSOE (‘renovado’) e o PSOE (Histórico) de Llopis. Da reunificación baixo as súas siglas, levada adiante fundamentalmente en 1978, o resultado foi o triunfo do PSOE de Felipe González, que acadou implantación territorial, co favor das elites que estaban a acometer o proceso de transición e co apoio da maioría de organizacións socialdemócratas occidentais. O PSOE (H), de forte implantación nestes primeiros anos nalgunhas localidades galegas, foi o exemplo dun pasado que precisaba ser adaptado aos novos tempos.
Descrición
Propaganda electoral da candidatura USG-PSOE(h) para as autonómicas de 1981, co lema "Galicia: sabemos que ti podes ser outra cousa"
Metadatos
  • Coleccións:
  • Data: 00/00/1981
  • Tipo de material: Imaxe. Cartel
  • Medidas: 63x43
  • Ficha descriptiva:
    Cartaz
  • Localización física:
    CCG_HISP_FMG_SOLT-CART2-23
  • Entidades:
    Edición:Partido Socialista Obrero Español (Sector Histórico) [PSOE-H]
    Edición:Unidade Socialista Galega [USG]