«25 de xullo dia da patria galega» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«25 de xullo dia da patria galega»

00/00/1979
A Convención Republicana de Galicia (CRG) foi un partido legalizado cando a AN-PG, con bastante actividade na área da Coruña e zonas urbanas. Aínda que a CRG solicita tamén "a autodeterminación e a república" para Galicia, a súa proposta para o día de Santiago é distinta: sitúa a bandeira galega nun segundo plano mentres varias mans sosteñen pendóns con tres bandeiras republicanas españolas por diante. De novo referencias cara o futuro sen perder de vista o pasado recente.
Descrición Propaganda de Convención Republicana de Galicia para o 25 de xullo, co lema "pola autoderminacion e pola republica". Debuxo dunha bandeira de Galicia en conxunto con bandeiras republicanas.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1979
Medidas
57x38,5
Entidades
Edición: Convención Republicana de Galicia [CRG]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-41