«Xornada antinuclear galega» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Xornada antinuclear galega»

03/06/1979
Convocatoria dunha xornada de movilización en contra de enerxía nuclear por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, empregando a referencia da data de “3 de San Xoán” no canto de “3 de xuño”. A campaña contra a enerxía nuclear e os vertidos radioactivos nas costas galegas foi unha das bandeiras do activismo ecoloxista na España da transición, vencellándose así ás correntes ambientalistas occidentais. A movilización ecoloxista no espazo galego atopou cifras de manifestantes de grande impacto, desprazados a localidades que, pola súa propia ubicación non era doado observalo. Para todos aquelos territorios significaba en moitas ocasións asumir a modernidade das protestas, entender que non se atopaban afastados doutros entornos, nomeadamente urbáns, de maior protagonismo político. Outras loitas notables foron as campañas realizadas contra os vertidos na Foxa Atlántica, os encoros, a contaminación da industria da celulosa ou do aluminio, todas elas con localizacións ben sinaladas no territorio galego.
Descrición Propaganda anunciando a celebración galega da xornada internacional de acción antinuclear. Deseño: unha torre de refrixeración dunha central nuclear cunha pomba na abertura superior. Cores negra, branca e vermella, cunha longa sombra negra da torre. No canto de "xuño" fai referencia ao "3 de San Xoán".
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
03/06/1979
Medidas
50,00x33,00
Entidades
Edición: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza [ADEGA]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-65