«O socialismo galego somos nós» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«O socialismo galego somos nós»

Lola Arribe Dopico (Mencionado/a) · Manuel Jaime Barreiro Gil (Mencionado/a) · Xosé Manuel Beiras (Mencionado/a) · Francisco Bustabad (Mencionado/a) · Manuel Caamaño Suárez (Mencionado/a) · Salvador García Bodaño (Mencionado/a) · Fernando González Laxe (Mencionado/a) · Siro López Lorenzo (Mencionado/a)
00/00/1977
Cartel de propaganda do Partido Socialista Galego (PSG) para as eleccións de 1977. O nacionalismo galego sufrira un proceso de reartellamento dende a fin dos anos 50, marcado polos desacordos e as escisións. A creación do PSG nos clandestinos anos sesenta permitiu, tras a morte de Franco, ter unha organización con excelentes cadros que combinaba propostas nacionalistas con contidos sociais plenamente integrados nas demandas dos partidos socialdemócratas europeos. A necesidade do PSOE ‘renovado’ de incrementar a súa presenza en Galicia provocou reiteradas ofertas aos seus membros, o que provocou unha escisión dentro do mesmo partido e unha fuxida de boa parte dos seus principais cadros cara á obediencia de Madrid. A corrente de contido máis nacionalista quedou coas siglas e estableceu progresivamente alianzas con outras organizacións nacionalistas máis marcadas polos contidos independentistas.
Descrición Propaganda do PSG, co lema "o socialismo galego somos nós", e debuxos de membros do partido antes da expulsión do Colectivo Socialista Galego.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1977
Medidas
45x35,5
Entidades
Edición: Partido Socialista Galego
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-103
Notas
Aparecen tamén: Xosé Rodríguez Longueira