«III Maratón Popular da Coruña» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Escola de democracia

Material

Escola de democracia

«III Maratón Popular da Coruña»

Image 1
Detalle
Cartel da Asociación de Veciños das Atochas-Monte Alto “Torre de Hércules” da Coruña no que se anuncia o III Maratón Popular da Coruña. As asociacións levaban presentes en España dende a Lei xeral de asociacións do ano 1964, se ben se atopaban moi sometidas a un ríxido control franquista. Naqueles anos setenta foron escolas de cidadanía e de formación de hábitos de convivencia e tolerancia, así como viveiros de organización colectiva e participación na ‘ágora’ pública. No ámbito urbano, a principal demanda foi a de infraestruturas civís para os novos barrios de aluvión que recollían a emigración rural dos sesenta e setenta. O contacto estreito co seu contorno levou a desenvolver todo tipo de actividades cívicas e participativas, que a Administración local tiña desatendidas.
Descrición
III Maratón Popular da Coruña. Debuxo dunhas persoas correndo. 22 de xuño de 1980, 10:00.
Metadatos
  • Coleccións:
  • Data: 00/00/1980
  • Tipo de material: Imaxe. Cartel
  • Medidas: 63 x 48
  • Ficha descriptiva:
    Cartaz
  • Localización física:
    CCG_HISP_FMG_SOLT-CART2-246
  • Notas:
    Repetido en SOLT-3
  • Entidades:
    Edición:Concello da Coruña
    Edición:Asociación de Veciños das Atochas-Monte Outo [AVAMO]