Material
Novo futuro, novos partidos
Aqueles 25 de xullo
«Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
Detalle
A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.


