«Bloque-PSG. Sabemos o que queremos» | Documento. Díptico | Consello da Cultura Galega
Documento. Díptico

«Bloque-PSG. Sabemos o que queremos»

Lola Arribe Dopico (Mencionado/a) · Xosé Manuel Beiras (Mencionado/a) · Domingo Merino Mejuto (Mencionado/a) · Cesar Pintos (Mencionado/a) · Francisco Rodríguez Sánchez (Mencionado/a) · Ramón Valcarce (Mencionado/a)
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Panfleto electoral que invita a votar a coalición Bloque Nacional Popular Galego – Partido Socialista Galego. En Galicia, como en Cataluña ou no País Vasco, as rivalidades políticas xurdidas ao abeiro dos primeiros anos da Transición superaron a mera lóxica de clase para entrar tamén nun debate de identidades nacionais: os partidos de ámbito estatal competían co discurso nacionalista galego do BNPG —pouco tempo despois BNG—, do PSG —logo refundado en boa parte como Esquerda Galega (EG)—…, referidos neste panfleto como «Os nosos». Tratábase dun momento crítico pois estaba en xogo a propia construción de Galicia como autonomía e, polo tanto, o seu papel futuro no seo do Estado español, así como o rumbo que levarían a política cultural e lingüística. A diferenza doutras nacionalidades históricas, as forzas hexemónicas vencelláronse a un paradigma identitario dobre, Galicia e España nos casos do PSdG e da Alianza Popular.
Descrición Propaganda electoral do Bloque-PSG para as eleccións xerais de 1983 na provincia da Coruña. No interior, fotografía de Manuel Beiras fumando un cigarro.
Tipo de material
Documento. Díptico
Entidades
Edición: Partido Socialista Galego
Mención: Organización do Tratado do Atlántico Norte
Edición: Bloque Nacional Popular Galego [BNPG]
Ficha descritiva
Díptico
Localización física
SOLT-CAR6-22
Notas
Xan Gato Diaz - mención.
Xosé Aviles Vinagre - mención.
Eliseo Xavier Miguelez Díaz - mención.
Evencio Herrero Rodríguez - mención.
Mariano Vidal Rial - mención.
San Andrés Carballo Rodríguez - mención.
Ricardo Seixo Fernández - mención.
María Encarnación Otero Cepeda - mención.